top of page

O impacto da maternidade na carreira profesional

Para esta práctica decidín estudar o impacto que ten a maternidade a nivel individual (por esto de que 'lo individual es político') na carreira profesional das mulleres. Paréceme que é un tema do que non se fala suficiente, pero que nos afecta a todos. A falta de corresponsabilidade (e de estructuras sociais) fai que moitas mulleres teñan que deixar o seu traballo ou reducir as súas horas para o cuidado das crianzas. Para iso, decidín usar tres gráficos, con diferentes datos cada unha:


  1. En primeiro lugar, unha gráfica de dispersión con datos do Eurostat sobre a diferencia entre o porcentaxe de homes e mulleres cuxo traballo é parcial (non a xornada completa),entre a poboación con nenos menores de 6 anos. Collín os datos do último ano, 2020. O enlace aos datos:






Para esta gráfica tiven que limpiar a base de datos dos datos xerales, e pasalos a castellano. Preocupoume un pouco que os datos non se interpretaran tan ben ao ser diferentes as escalas de medición (a dos homes chega ao 20% e a das mulleres chega ao 100%), pero penso que ese salto na de mulleres fai clara a diferencia nas cifras.


2. Fixen unha gráfica de xerarquía con datos do INE sobre as razóns para o traballo parcial en España, para ver as claras diferencias entre homes e mulleres. Collín os datos do último ano, 2020


DATOS:






Para a terceira gráfica optei por unha opción máis básica, pero penso que a máis adecuada para os datos que quería presentar. Collín os datos do informe 'Las invisibles' da Asociación Yo no Renuncio (unha asociación española que loita pola conciliación) e o club de Malas Madres, que se publicou en septembro de 2020. Decidin titulalo 'Tras la maternidad', xa que mostra de que maneira a vida laboral das mulleres se ve afectada tras decidir ter un fillo/a.







As maiores dificultades deste traballo foron atopar exactamente os datos que quería en Eurostat (podía clasificar os datos por 0 nenos, 1 neno, 2 nenos, 3 ou máis; pero non por 0 nenos e nenos, en xeral, por exemplo) e adaptalos ao formato suxerido. Na segunda gráfica e na terceira tiven que pasar eu os datos a man porque a maneira na que estaban publicados non se trasladaban ben a flourish.

1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
11 de jan. de 2022

Hai un bo traballo no terreo dos datos, pero hai tamén varias cousas que temos que arranxar no relativo á súa presentación.


En primeiro lugar hai que deterse no feito de que nos faltarían títulos (e subtítulos, de ser o caso) para os tres gráficos. É importante que estes materiais leven título, pois é a porta de entrada a saber de que se fala neles.


En canto ao de dispersión, faltaría tamén por saber o tipo de unidades das que estamos falando, algo que se soluciona tanto no título/subtítulo como dentro das propias ventás emerxentes do gráfico.


En canto ao de xerarquía, si que temos un problema maior, e é que non temos xerarquía. Neste caso temos un gráfico de…


Curtir
bottom of page