top of page

O graffitti a través do carril bici de Vigo

O Concello de Vigo está a levar dous proxectos. Un é a construcción dun carril bici que percorrerá toda a cidade. E outro, Vigo. Cidade de Cor, que consiste na realización de diferentes murais por fachadas de edificios situados arredor da cidade. Entón decidín combinar ambos nun mapa que intenta representar as diferentes obras de arte urbano que se poden observan dende o carril bici que xa está en uso.

No mapa incluín liñas que identifican o carril bici, puntos con fotografías incrustadas para sinalar os murais que se atopan polo percorrido e, finalmente, texto para as localizacións máis importantes polas que pasa o carril bici. Tiña pensado incluir un área que identificase as zonas verdes polas que se pasaría as bicicletas viguesas, mais só se podería considerar a Avenida de Castelao como tal e a área era moi estreita polo que se confundía coa liña do carril bici.

Escollín un mapa mudo, polo que o texto era preciso. O problema foi que a ferramenta non mo deixaba gardar debido a que estaba a traballar dende a versión gratuita, non había nin un mapa mudo dispoñible nesta versión. Ademais neste mapa, que é satélite, solventaríase a problemática anterior coa sinalización das zonas verdes, posto que xa se poden visualizar dende o propio mapa.


Fontes: Concello de Vigo e metropolitano.gal

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 08, 2021

Moi ben no plano da organización e, especialmente, no do contido. Consegues transmitir a información xusta e necesaria en cada unha das tarxetas ou localizacións. Realmente hai pouco que retocarlle, porque o tema está perfectamente abordado. Habería que revisar esa pestana "Images" no menú da dereita, porque creo que nos sobraría. Pero polo demais está perfectamente abordado este tema. Ademais (e xa a título persoal) paréceme un enfoque súper orixinal. Noraboa!

Like
bottom of page