top of page

O gas arxelino, clave para o desenvolvemento ecolóxico de España

O gas, ese recurso xeoestratéxico do que falan en cada telediario. Rusia é o gran proveedor de Europa, mais da Europa central, España non depende do xigante ruso para o abastacemento deste recurso que é fundamental na transición cara as enerxías renovables que está a levar a cabo a Unión Europea.

Planta de gas en Amenas, ao sureste de Arxelia / Louafi Larbi (REUTERS) vía El País

Austria estase a preparar para unha crise enerxética sen precedentes que, segundo comentan dende o goberno, producirá grandes apagamentos durante os próximos cinco anos. O gas é a principal razón xa que gran parte de Europa é abastecida por Rusia e, para que o produto chegue a países como Alemaña ou Austria, a inestable Ucraína está polo seu camiño. Agora, a España repercutiríalle un corte de subministro por parte de Rusia?


España xoga noutra táboa. A industria española non produce gas, tamén precisa de importación como outras potencias europeas, mais só un 10% do gas provén de Rusia. O país do que depende o país mediterráneo é Arxelia. De xaneiro a novembro do último ano, máis do 44% do gas importado é de orixe arxelina. Por outra banda, depéndese máis dos Estados Unidos, dos que se importa o 15% do gas español, que de Rusia.


A dependencia con Arxelia é tal que, en paralelo á alerta austríaca dunha posible crise enerxética, o país africano cortou o maior gasoduto con destino a España. Este pasaba por Marrocos, e a tensión entre os dous países de África do Norte polo Sáhara Occidental provocou este corte dunha das vías do transporte de gas destinadas a Europa que encabezou tódolos telexornais. Arxelia tranquilizou rápido ao Goberno español: propuxo aumentar a capacidade do gasoduto Medgaz. En pouco máis de dous meses, Arxelia concluíu as obras de ampliación de Medgaz, España ten asegurada o seu maior importador de gas natural.



O gas é a enerxía clave para o desenvolvemento ecolóxico do mundo

O gas é a enerxía clave para o desenvolvemento ecolóxico do mundo. O carbón e o carbón contaminan máis, e a política enerxética de gran parte dos países europeos ten como obxectivo a desaparición casi completa da enerxía nuclear. Polo tanto, a única vía para a transición ecolóxica é o gas. Ata que non se poida depender ao 100% das renovables, o gas é o recurso que aportaría a enerxía que non podería aportar a enerxía renovable.


O problema do gas atópase na factura da luz. O prezo do gas está a niveis moi altos, polo que dita factura sube. Primeiro, hai que ter en conta que saímos dos confinamentos pola Covid. Isto provocou unha maior demanda que alza os prezos. Ademais, o gas úsase nos procesos de ciclo combinado para xerar electricidade que son os últimos en producir. E, como sinala GreenPeace, a última tecnoloxía utilizada é a que marca o prezo no mercado eléctrico europeo.


ENERXÍA RENOVABLE


A Unión Europea marcou como obxectivo para 2030 que un 40% da enerxía consumida sexa renovable, tras a o cambio de estratexia da Comisión Europea. España atópase actualmente no 19,7%, polo que lle queda camiño por diante.


Aínda así, un 46% da enerxía que xera é renovable grazas a comunidades como Galicia, Aragón e Castela e León que superan o 70%. A pesar destas cifras, España, que non ten ningún combustible fósil, nin uranio, aínda depende moito das importacións. A aposta polas renovables é clave para ser un país independente enerxeticamente.


Xusto as tres comunidades mencionadas antes forman parte do grupo das que máis enerxía producen, xunto ás rexións que teñen centrais nucleares (Catalunya, Extremadura, Castela-A Mancha e Valencia). A Comunidade de Madrid xera moi pouca enerxía, tan só un 0,5% da que se produce en España, sendo das que máis consume. En España hai unha gran desigualdade enerxética.


O CASO GALEGO E O CONFLITO DAS EÓLICAS


Galicia exporta o 33% da enerxía que xera. Moita culpa a teñen os grandes parques eólicos que están dustribuídos por todo o seu territorio. Tras un período de parón, agora estamos nun momento de "boom eólico". Como denuncia o Consello de Cultura Galega no seu Informe, estáse a construír máis muíños dos que son precisos provocando "daños irreversibles" na paisaxe e no patrimonio cultural.


Seguindo o informe Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: contexto, cambios e oportunidades do ano 2019 do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), a maior parte dos parques eólicos atópanse no rural. No rural hai rendas moi baixas que non se corresponden para nada cos beneficios que xenera. O problema reside nos contratos de dereitos de superficie cos que a finca enteira do veciño do rural lévase ao público, en vez da parte concreta da instalación. A outra opción é a expropiación.


Moitas destas asociacións reclaman modelos semellantes aos de Dinamarca ou Alemaña, nos que o negocio eólico está en mans cooperativas. Os veciños sairían beneficiados economicamente, xa que nunha gran parte dos casos o canon eólico non repercute nos seus petos. Aínda así, hai casos como o do Concello de Muras, nos que os veciños si sacan proveito dos parques eólicos a través dun bono social. Ese debería ser o camiño.


FONTES E BASES DE DATOS



1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
31 de jan. de 2022

A estrutura da peza é boa, pois todas as partes integradas contribúen ao enriquecemento do relato. Con todo, habería que facer unha nova lectura e unha revisión dalgúns termos na parte escrita. En galego o gas sería "alxeriano", procedente do país de Alxeria e a factura da luz "sobe". É importante ter en conta estas cuestións, pois na nosa actividade resulta vital coidar a presentación en todas as frontes.


No relativo ao traballo cos gráficos, bótase un chisco en falta unha maior unidade entre eles. Esta unidade podería chegar da man do uso da cor. Aínda que fagamos os proxectos en ferramentas diferentes, temos a oportunidade de crear unha certa continuidade entre eles a través da creación dunha paleta de…


Curtir
bottom of page