top of page

O desemprego en España por idades

Neste traballo intento dar unha perspectiva xeral das taxas de desemprego por idades e por comunidades autónomas neste país, rematando co dato máis grave: o paro en menores de 25 anos. Para a recabación dos datos empreguei como fonte un conxunto do INE, no que viñan os datos por trimestres, por comunidades autónomas, por sexos e por idades. Para facer a limpeza, tiven que realizar un primeiro filtro dentro da páxina do propio INE, debido a que o gran volume de datos era inabarcable para descargalos en bruto.


Dentro da ferramenta de Datawrapper atopeime con algunhas complicacións á hora de cambiar as táboas de inserción de datos e os tipos de unidades, polo que lle dediquei bastante tempo a resolver estes pequenos detalles.


Datos limpos:





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 24, 2021

Pois hai moi pouquiño que dicir en termos de mellora para estes materiais. Nin que dicir ten que funcionarían perfectamente nunha información sobre esta temática e que a nivel visual hai unha consonancia entre os tres.


Ai algúns detalliños que tocaría revisar como parte dese proceso de afinado final antes de publicar, iso si. Un deles sería engadir o "%" ás cifras da lenda no mapa. Así xa deixamos claro que o rango co que estamos traballando é de porcentaxes (independentemente de que xa nos saian nas ventás emerxentes). Outro aspecto é o do idioma das visualizacións, pois no mapa consérvase o inglés orixinal da plantilla. Trátase dun aspecto menor, pero ao que tamén temos que prestarlle atención cando temos…


Like
bottom of page