top of page

O descenso das bibliotecas públicas en España

Poden pasar desapercibidas, pero as bibliotecas públicas cumpren unha función fundamental na sociedade, achegando localmente servizos culturais a toda a poboación e facilitando o acceso á información. Porén, debido aos recortes nos orzamentos, a maioría do territorio español está vendo un descenso no número destas institucións.


Para amosar isto escollín os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística nos últimos dez anos:


Para realizar as distintas actividades decidín excluír os datos totais nacionais posto que, á hora de visualizar os datos na táboa, non destacaba os datos das comunidades autónomas con menor número. Ademais, tamén descartei as cidades autónomas Ceuta e Melilla porque a cantidade de bibliotecas era mínimas e non se visualizaban correctamente nas gráficas. A cor que empreguei foi unha gama de brancos e negros porque penso que se indican así mellor os contrastes entre os anos


Táboa: escollín unha táboa na que se visualizasen os datos de xeito sinxelo ao longo dos últimos dez anos nas comunidades autónomas españolas.



Gráfica: seleccionei tamén a evolución temporal da cantidade de bibliotecas públicas nas que intentei que os datos non estivesen próximos entre si para mellorar a lectura visual e non se solapasen.


Mapa: por último, escollín os datos do último ano publicado para amosar as diferenzas entre a cantidade do número de bibliotecas públicas nas diferentes comunidades autónomas.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 28, 2021

O tratamento dos datos é correcto e a presentación en termos de cor tamén, xa que os tres materiais amosan un estilo semellante que avalaría unha potencial presentación tanto en conxunto como por separado nunha información sobre esta temática.


Dito isto, habería que fixarse nun par de aspectos. O primeiro de todos sería o idioma de traballo do layout das visualizacións, que no presentado é o inglés. Así poderiamos deixar completo ao 100% o repaso por todas as funcionalidades da ferramenta.


En segundo lugar (e para que o teñas en conta en futuros proxectos), aínda que a escala de cor é correctísima, en función da disposición dos datos pode chegar a xerar dificultades como a de "ocultar" algúns territorios. Fíxate…

Like
bottom of page