top of page

A vacinación e o seu efecto positivo

Para a cuarta práctica escollín como temática a evolución e distribución da vacinación en España. Nesta ocasión explico o número de doses que foron recibidas e entregadas en España, así como o número de persoas que xa realizaron a pauta completa recomendada. Esta vai acompañada doutros dous gráficos, un deles amosa a evolución da vacinación dos países de Europa máis próximos a España e, o segundo, reflexa como diminuíu o índice de mortalidade por covid-19 a medida que se incrementa o número de persoas vacinadas.


Polo tanto, para a situación nacional, recollín os datos publicados polo Ministerio de España. Como se trataba dun documento pdf, para descargar a base de datos tiven que empregar a ferramenta pdftables. Aquí adxunto tanto o documento que limpei como o resultado final:




O seguinte conxunto de datos proceden de Eurostat. Novamente realicei a limpeza na propia base de datos e obtiven o seguinte:




No terceiro caso os datos foron recollidos en Our World In Data. O problema que tiven aquí foi que se trata dunha páxina que comprende datos extremadamente actualizados. Ademais, dividen o número de vacinados de cada día do mes en cadansúa carpeta individual. Polo tanto, entrei en cada un dos documentos - dos países que seleccionei para a miña gráfica - e recompilei as cifras rexistradas do primeiro día de cada mes dende xaneiro de 2021 ata setembro de 2021. O resultado foi este:




TRABALLO EN FLOURISH


  • Hierarchy: Para o gráfico de xerarquía empreguei os datos da distribución da vacinación en España. Nesta gráfica establecín varios niveis - en dous dos tres bloques - para destacar a diferencia entre doses entregadas e recibidas e, tamén, para poñer en coñecemento sobre o número de persoas que teñen unha ou as dúas pautas de vacinación. O terceiro bloque, chamado porcentaxe, non ten as mesmas subdivisións xa que se trata dunha mera cifra porcentual ilustrativa. Esta gráfica foi coa que máis problemas tiven á hora de ordenar a base de datos na propia aplicación.


  • Libre elección: Bar chart race. Seleccionei un gráfico de carreiras de barras para representar os datos de Our World In Data. Pareceume unha gráfica idónea para representar o crecemento da vacinación mes a mes dos países que manteñen unha maior proximidade con España. Decidín seleccionar cinco países xa que traballar con máis datos resultaba pouco lexible e visual. O problema máis difícil ao que tiven que enfrontarme neste gráfico foi traballo coa base de datos no paso previo.



  • Scatter: Para o gráfico de dispersión empreguei os datos recollidos no Eurostat. Este serve de acompañamento para as dúas anteriores, pois nel pódese apreciar a diminución de mortes por causa de covid-19 (dende xaneiro ata setembro) naqueles países nos cales a taxa de vacinación foi crecendo. Entón, as persoas que o visualizan poden facer un recorrido polos países estudados na "gráfica 2" para comprobar que esta realidade se cumpre. Ademais, tamén se poden coñecer os datos doutros países europeos xa que, neste caso, manter os datos doutras nacións non interrompía a visualización dos países analizados anteriormente e, tamén, lles permite sacar conclusións sobre eles.






Opmerkingen

Opmerkingen zijn niet geladen
Het lijkt erop dat er een technisch probleem is opgetreden. Probeer nogmaals verbinding te maken of de pagina te vernieuwen.
bottom of page