top of page

O camiño de Fisterra-Muxía e as súas variantes

Boas. Para esta segunda práctica, aproveitando o uso dos mapas, quixen facer un pequeno repaso do camiño de Fisterra - Muxía, o cal se realiza unha vez os peregrinos chegan á Catedral de Santiago. É un camiño que queda un pouco eclipsado pola ruta máis coñecida, e que tamén ten varios puntos de interese.


Para isto, tentei reflexar os diferentes itinerarios que poden coller os peregrinos, con un elemento principal que son as liñas, correspondendo cada cor a unha ruta concreta. A maiores disto, tamén hai puntos de ubicación nas cidades con máis importancia dentro do camiño e varios puntos de interese (praias, hórreos...) que se representan cos seus puntos personalizados e que dentro teñen -na gran maioría dos casos.- unha foto e unha breve reseña.


Respecto ao tipo de mapa seleccionado, digamos que a tarefa resolvina un pouco por descarte. O resto de modelos non me remataba de convencer, e penso que ese estilo de mapa do tesouro é un pouco máis adaptado ao tema que se está a tratar, ao ser tamén unha tradición con varios anos de historia e que pola súa connotación relixiosa pode ser algo máis "tradicional".


A verdade é que o traballo, en liñas xerais, foi bastante sinxelo, servíndome principalmente das webs do propio Camiño e de Turismo de Galicia, as cales dan información bastante sinxela e adaptada. As únicas dificultades que podería destacar serían a escasez de iconas para representar algún lugar de interese, xa que consideraba que non se adaptaban ao que quería ao 100%, e a dificultade de atopar os puntos de ubicación exactos para algunhas das localizacións que o programa non atopaba.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 17, 2021

Faltounos un chisco máis de traballo nun par de frontes. En primeiro lugar, habería que ampliar o contido en moitas das tarxetas, xa que en varias delas quedamos moi escasos. Por outra banda, falta explorar a agrupación dos elementos en categorías e, ademais, organizalos nunha secuencia lóxica como pode ser a da propia ruta. Aquí tíñalo bastante fácil, pois podías organizar os elementos segundo diferentes ideas. Aínda que a a ferramenta e o traballo nela fosen moi sinxelos, isto non quere dicir que non houbese oco para unha certa complexidade. É importante tentar sacarlle sempre o máximo partido ás aplicacións coas que traballamos e buscarlles o 100% en todas as opcións que nos dan. Veña, a pola seguinte!

Like
bottom of page