top of page

O bilingüismo en Galicia e as preferencias de uso da poboación, en números

Para esta práctica, optei por tomar os datos do ano 2018 que o Instituto Galego de Estatística tomou sobre a lingua que fala habitualmente a poboación por áreas —unha medida de distribución empregada unicamente polo IGE que agrupa varias comarcas nunha mesma área, pero moi útil e ilustrativa—.


Estou satisfeita co resultado porque penso que os tres elementos gráficos se complementan ben. Por exemplo, non puiden agrupar na táboa as áreas por provincias, mais si conseguín facelo no gráfico de barras.


O gran problema que tiven foi co mapa, xa que soamente tiña a opción de escoller un dividido en concellos. Decidín así poñer en cada concello a porcentaxe de falantes en lingua galega da súa respectiva área. A meirande parte das áreas atópanse ben diferenciadas polo gradiente de cor e, ademais, así o mapa axuda a situar xeograficamente cada área para o lectorado.




Táboa orixinal



1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
24 nov 2021

En liñas xerais o tratamento dos datos e a súa presentación está traballada de xeito que puidera ser presentada nun contido sobre esta temática.


Na táboa e no gráfico non hai moito que mencionar, pois todo o presentado está ben axustado e funciona correctamente.


Onde quedaría máis oco para a mellora seguramente sería nas cores do mapa. Aquí abríanse dous camiños. Por unha parte apostar por dar os datos para cada zona coloreando esa zona coa cor que xa determinabas na táboa ou facer un mapa coroplético en sentido estrito. Neste caso temos unha lixeira mestura entre ambas opcións que xera algo de confusión.


Esta podería solucionarse de dous xeitos. Unha opción sería esa de outorgarlle a cada área unha…

Me gusta
bottom of page