top of page

O acceso á vivenda en España, por comunidades autónomas

Para esta terceira práctica decidín tratar os prezos de acceso á vivenda nas diferentes comunidades autónomas de España, xa que é un tema que estivo recentemente na axenda mediática da gran maioría de medios españois. O obxectivo é o de comparar a variación do prezo no primeiro trimestre de 2014 e no primeiro deste 2021, xa que as diferenzas son significativas. As unidades empregadas fan referencia a agrupacións de vivendas de tipoloxía común, para as cales se calcula un precio medio e un índice elemental, que se agrega cos demais empregando a ponderación, do que resulta un índice xeral (que é o que aparece nas gráficas e no mapa). As estadísticas proceden do Instituto Nacional de Estadística (INE), e a táboa propia empregada tras o proceso de limpeza é a seguinte:



A nivel xeral, non me atopei con grandes problemas á hora de escoller e filtrar os datos nin á de elaborar as diferentes pezas, xa que os menús da aplicación son bastante intuitivos. O máis difícil foi escoller as cores a empregar no mapa, pois non relaciono ningunha en especial co tema que trato. Desta forma, decidín seguir a estética que empreguei na táboa e no gráfico para darlle continuidade a esas cores, polo que uso o gris para representar as comunidades cun precio menor prezo, e o azul para as que presentan un maior.








1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 01, 2021

Os datos están ben traballados e a presentación en termos de cores e observando o conxunto ten pleno sentido. Estes tres materiais poderían ser ofrecidos tanto de xeito individual como en conxunto nunha información sobre esta temática.


No que respecta á táboa e ao gráfico hai pouco que comentar, xa que están ben executados e o seu funcionamento é correcto. Onde me gustaría sinalar algo é no mapa, xa que habería que revisar o rango de cor establecido. Neste caso non te moves dentro de diferentes intensidades dunha mesma cor, senón que o fas en dúas (azuis e grises). Hai un rango de grises que vai un chisco máis alá do centro da escala e despois iníciase un de azuis…


Like
bottom of page