top of page

Nollywood, o cinema nixeriano chega a Netflix

Clara Maseda da Veiga | 24/01/2022

A industria cinematográfica nixeriana alcanza xa un gran éxito internacional, alcanzando as pantallas de todo o mundo


Nollywood é a segunda maior industria en produción de filmes despois de Bollywood, superando ao xigante americano. O cinema nixeriano viuse desenvolvendo con gran de intensidade nos últimos, chegando a producir 2000 filmes nun só ano. As longametraxes de produción propia arrasan entre a poboación do estado africano e tamén noutros dos seus veciños pero, xa é un feito, Nollywood está en Netflix e pódese dicir que xa chegou a todo o mundo.


Gravación dunha produción de Nollywood. El Universo

Nixeria é o país máis poboado de África e, segundo o FMI conta cunha renda per cápita de 2148 dólares americanos. Pese a que as súas maiores actividades económicas son a agricultura e os seus grandes xacementos de petróleo, o cinema xa que representa unha grande inxección para o seu PBI e a creación dun considerable número de postos de traballo.


Os comezos de Nollywood

O cinema en Nixeria desenvólvese de xeito tardío e rudimentario, sendo o cinema colono a principal actividade cultural masificada no país ata entrados os anos 90. É coa entrada de empresas estranxeiras no mercado cando se empezan a comercializar aparatos televisores e de reprodución de vídeo de xeito masivo. Ademais, a popularización das cámaras de vídeo provoca unha reinvención nas formas de cinema, fuxindo das formas colonas, máis inaccesibles para os nativos nixerianos. Os cineastas desexaban contar historias propias, das súas xentes e nas súas linguas, historias sobre os problemas diarios, pero tamén puros filmes de entretemento. Segundo o historiador do cinema africano Onuluzike, “o video filme mudou o método no que os africanos contan as súas historias”.




E así como no ano 92 estréase o filme considerado pioneiro da industria bautizada como Nollywood anos máis tarde, Living in Bondage (Chris Obi Rapu), un drama protagonizado por un empresario que utiliza o culto satánico para facer fronte aos seus problemas laborais e amorosos. Resultou ser un éxito, de xeito que o seu modo de produción, 100% en vídeo, repetiuse ata os nosos días. O videofilme segue a ser o principal método de realización de películas e o DVD e VHS a principal vía de distribución das mesmas.


A industria

Observando os números estamos a falar dunha industria realmente produtiva, chegando en 2020 ás 2600 longametraxes estreadas. Este dato supera con creces ás 812 de Hollywood, aínda que queda algo por detrás das máis de 3000 producidas na súa irmá india. A pesar de ser unha industria con este número de produción, a súa tradición de cinema non é moi ampla. A inestabilidade nas rúas trala súa independencia e guerra civil provocou que non exista unha cultura de cinema semellante á de outros países, sendo a cidade de Lagos a única que tivo acceso á grande pantalla durante anos. Porén, segundo o informe Nigeria Box Office Year Book (2020), elaborado pola principal distribuidora nixeriana FilmOne Entertainment, o número de salas de cine multiplicouse por tres nos últimos cinco anos, chegando aos case 5 millóns e medio de espectadores acollidos en 2018.


Pese a que a pandemia baixou o número de espectadores de cinema debido ao peche das salas, isto non afectou á produción, que acadou o récord dos últimos anos como amosa o National Bureau of Statistics de Nixeria no seu informe, cunha suba exponencial con respecto aos últimos anos. Esta claro que, ante a pandemia, a súa produción caseira e pequena permitiu que a industria non se paralizase de todo.



En cambio, os blockbusters de Hollywood non saíron tan ben parados nos cinemas do país africano. Fronte á porcentaxe competitiva de filmes nollywoodenses que aparecen na grande pantalla, a recadación viña sendo moi baixa en comparación aos estadounidenses, pero en 2020 mudou o paradigma cinematográfico de Nixeria, de xeito que un 57% da billeteira foi recadada polas producións nativas.



Esta industria foi cambiando co seu público, pasando do auxe do terror e o drama dos noventa, á comedia familiar máis sinxela. E esta claro que en Nixeria a comedia triunfa. Nos últimos anos, este xénero quitoulle os postos ao resto, levándose a maioría de recadación de filmes de Nollywood de todos os tempos. Estas comedias son as que máis triunfan tamén internacionalmente. Grazas á plataforma nixeriana de video on demand iRokoTV a pequena gran industria chegou ao resto de África e foise introducindo pouco a pouco no resto do mundo, de xeito que actualmente están dispoñibles máis de 10000 horas de películas de Nollywood en máis de 150 países en plataformas como Netflix ou Amazon Prime Video.


Está claro que nos atopamos ante un fenómeno de éxito mundial que cada día profesionaliza máis as súas prácticas e que, igual que o fai no seu país nativo, pode chegar a competir nos catálogos de plataformas en moitos outros lugares do mundo. O cinema e a cultura traspasan fronteiras.


Táboas limpas de datos






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 31, 2022

O mellor desta práctica final é que o tratamento dos temas é máis rico, pois sumámoslle a información aportada a través do texto. Isto fai posible que acabe coñecendo temas dos que non tiña nin a máis mínima idea, especialmente cando están ben tratados, como é o caso.


Realmente non hai moito que comentar e, porque está todo perfectamente executado e imos acabar rápido. Un 10. Hai unha liña de estilo clara que chega marcada por un uso consistente dunha serie de cores ao longo de todo o proxecto. Isto permite que exista unidade entre materiais visuais que chegan de ferramentas diferentes.


O tratamento dos datos é perfecto e a súa representación tamén. As formas gráficas elixidas son pertinentes para…


Like
bottom of page