top of page

Montesa TV, ¡un 2020 de película!

Para esta tarefa, imaxinei como sería unha plataforma de Video on Demand se collemos a taquilla do cine español de 1968 (os datos dos filmes son reais, equivalendo os mil espectadores aquí ao millón de espectadores nas salas de 1968). O principal problema co que me atopei foi Infogram e a súa nula oferta tipográfica, polo que á metade do proceso decidín pasar o proxecto a Piktochart. Isto levou a un segundo problema: non hai interactividade, posto que a gráfica de espectadores é unha captura de pantalla de Infogram (ademais é unha gráfica de sectores trucada para dar esa sensación de evolución no aumento de espectadores).


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 26, 2021

Pois só cabe dar un "noraboa" ben forte. Ben resolto a nivel visual no plano das cores, os elementos e a súa organización. É certo que arriscas coa gama de cores, xa que para algunhas delas como o amarelo é preciso ter en conta sempre a medida na cal o empregamos. Porén, consegues que non haxa espazos nos que a cor acaba por comer o resto de elementos.


Só faría puntualizacións en dous ámbitos que, como verás, son facilmente subsanables. En primeiro lugar a aliñación de obxectos como as imaxes de "Una señora estupenda" ou "El turismo no es un gran invento", que están un chisco desencadradas dos fondos nos que se insiren. En segundo lugar, a interactividade do mapa…

Like
bottom of page