top of page

Mapa interactivo: Compostela, unha cidade de película

Para esta segunda práctica, decidín escoller un tema que sempre me gustou moito e que nun principio semellaba fácil de situar nun mapa: as rodaxes de películas realizadas en Santiago de Compostela. Equivoqueime; foi un inferno. Como basicamente colecciono plataformas de VOD, non tiven problema en facerme con ningunha das películas antigas; para as máis novas, foi un pouco máis complicado, pero unha ten os seus métodos.

O problema chegou á hora de descifrar varios lugares de Compostela no que foran gravadas. Interiores de bares, casas ou restaurantes inlocalizables a simple vista, que non figuraban nos títulos de crédito e dos que a prensa non deu conta no seu momento. Alén a Film Commission da cidade carece de datos concretos de rodaxes previas a 2002. Por non falar daqueles sitios que están radicalmente cambiados a día de hoxe —coma o parque de Vista Alegre— ou que simplemente xa non existen. Por sorte, conseguín saír adiante a miña experiencia de nativa compostelá, o Google Maps e comunicación directa coa Concellería de Urbanismo.

Por outra banda, tiven outros catro problemas respecto á visualización:

  1. O afastados que están dous puntos con respecto aos demais, pero que consideraba demasiado elevantes para eliminalos.

  2. O solapamento de dous puntos nun mesmo edificio —a Casa da Troia—, que solucionei afastándoos canto puiden sen que perdesen a coherencia.

  3. A inexistente utilidade que lle atopei aos ítems poliganais, que acabaron caendo en localizacións nas que, de non ser polos requisitos da terefa, terían sido puntos.

  4. As cores carecen de sentido máis alá da diferenciación dos diferentes ítems, pois dada a pequena escala do mapa, unha categorización cromática da tipoloxía dos lugares pareceume que levaría á confusión e a difuminación dos puntos.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 09, 2021

Pois a nivel de contido é realmente excelente. Aínda que a temática é unha, as películas rodadas en Compostela, existe unha grande diversidade entre todas as obras que entran a formar parte do mapa. A organización é intelixente tamén tirando da orde cronolóxica. Estaría por ver se algunha agrupación (por xéneros, por décadas, por correntes, etc.) chegaría a dotar dunha maior eficiencia a navegación polo material, axudándonos a ocultar algúns espazos da visualización segundo as preferencias de cada usuario.


No relativo á cor, en traballos coma estes hai dous posibles enfoques. Un deles é o de optar por unha gama fixa ou mesmo unha soa cor que funciona como marco xeral para todo o traballo. Outra das opcións é seleccionar…


Like
bottom of page