top of page

Mapa de turismo de Ribeira

Para a realización desta práctica decidín barrer para a casa e traballar sobre terreo coñecido, así que escollín a miña vila natal, Santa uxía de Ribeira, como base para explicar os seus puntos turísticos. O mapa está pensado para persoas alleas á contorna ribeirense que queiran descubrir as partes máis chamativas do concello. Para poder amosar todos os lugares a visitar de maneira clara, optei por utilizar distintas cores coas que sinalar o tipo de punto turístico. Da mesma maneira, sendo consciente das amplas posibilidades que ofrece a web, incluín imaxes e enlaces externos sobre moitos dos rincóns sinalados no mapa.


O tema, o turismo, seleccioneino porque creo que os e as xornalistas debemos ser conscientes das posibles saídas laborais que podemos atopar tras a carreira. Neste eido, quixen afastarme un pouco do estritamente informativo e achegarme ao campo do comercio da man da actividade económica máis potente de España. Por último, sinalarei que o tipo de mapa que quería usar é Satellite (labels), e non o Classic que se pode apreciar na infografía.


Captura de pantalla co tipo de mapa que quero usar :



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 07, 2021

Está moi ben resolto e funciona moi ben en case todos os aspectos. Cores claras e con contraste coa vista seleccionada, boa organización (salvando moi ben os posibles puntos nos que uns puntos podían tapar os outros), textos compensados (coa información xusta) e imaxes que aportan significado. Ademais, empregas o hipertexto de xeito moi intelixente.


Tan só quedaría dedicarlle dous minutos máis ao traballo de organización do menú da dereita. Hai elementos que aínda levan por nome "New item" (o que pon por defecto a ferramenta) e tamén sería oportuno organizar en grupos e, como resultado, crear un menú que permita navegar polos diferentes tipos de elementos. Con isto podemos facer que os usuarios cheguen a crear a súa propia…

Like
bottom of page