top of page

Londres: cidade de fútbol

Na miña segunda práctica quixen aproveitar a riqueza futbolística da cidade de Londres amosando todos os estadios das divisións profesionais inglesas que se atopan nela. Na infografía pódese navigar polos diferentes estadios con imaxes, ligazóns á web dos equipos que o utilizan e inclusive os derbis entre os equipos da urbe londinense, todo acompañado de información enciclopédica e de fontes oficiais como a Premier League, a Football League e os propios equipos.


O xeito no que quería desempeñar esta tarefa estaba pensado desde o primeiro momento: organizar os estadios por divisiones (o cal alixerou moito a ferramenta Grupos do MapHub), salientar a súa importancia e xerarquizalos. Coa obriga de utilizar dúas ferramentas máis, xurdiu a idea de sinalar os derbis entre equipos de Londres con liñas, e aproveitar a ferramenta Texto para delimitar as catro macro-partes nas que se divide a cidade en termos futbolísticos. A infografía non require unha navigación liñal, polo que calquera pode escoller o seu camiño e explorar segundo os seus intereses.


Os principais problemas foron a falta de espazos de imaxes, que deron en que dous dos estadios nos podan ter imaxe agregada; e a falta de iconas para a versión gratuita, solventada ben coa captura de pantalla.





1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
06 nov 2021

Pois hai pouco que dicir, xa que só cabe darche a noraboa. Este tema é moi recorrente á hora de abordar este tipo de presentacións e é moi habitual nos medios deportivos, o que nos traslada a idea de que adoita ser un valor seguro. Porén este tipo de mapas tamén poden ter a súa complexidade.


O teu proxecto ten unha navegación excelente a través desa organización por divisións, temos plena conciencia das diferentes zonas da cidade de Londres a través dos textos e cada unha das tarxetas, ademais de estar identificada coa cor do equipo, ofrece información breve pero útil sobre cada recinto. Non hai nada que dicir, xa que consegues sacarlle todo o partido posible á ferramenta. Noraboa!

Me gusta
bottom of page