top of page

Lalín, un interior único

Entre os milleiros de rincóns que visitar en Galicia, no centro do mapa atopamos o municipio de Lalín, un recuncho que ofrece diversas experiencias a aqueles que pasan polas súas terras. Destacando principalmente a natureza e a súa gastronomía, liderada polo internacionalmente coñecido cocido, esta segunda práctica busca dar conta dos lugares máis destacados que visitar.


Así, o mapa conta con distintos elementos. Por unha banda, as iconas, diferenciadas por cores en función do espazo: azul para museos e santuarios, verde para lugares naturais e laranxa para restaurantes. Por outra banda, as liñas representan rutas ou paseos que pasan polo concello, mentres os polígonos fan referencia a áreas concretas, neste caso un pequeno pobo e un monte.


En canto ás dificultades que presenta a aplicación, sinalar a limitación á hora de engadir imaxes, xa que ao permitir subir soamente 12 prioricei os espazos visualmente máis atractivos. Ademais, en moitos dos puntos non existe unha icona precisa para describir o lugar (ponte, necrópole...), pero subir unha nova rompería coa estética xeral da infografía. Así, decidín manter o formato empregando un punto branco para eses espazos.


Sinalar tamén que o mapa empregado para o fondo non é o ideal, pero a versión gratuíta non permite empregar o que tiña pensando de inicio. Así, nesta imaxe pode verse como quedaría co outro.


Por último, adxunto a infografía final a través da aplicación. As fontes que empreguei para desenvolver a información son Galicia Máxica e o Concello de Lalín.







1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 06, 2021

Pois realmente non hai moito que dicir como aspectos de mellora ou para sacarlle máis partido á ferramenta. O teu mapa é, dende logo, de grande utilidade. Consegues transmitir información valiosa en cada etiqueta e, ademais, sérveste do hipertexto de forma moi intelixente. As imaxes empregadas e a cor son tamén moi acertadas. Ademais, o menú e a súa organización son moi útiles para navegar polo contido.


Pódese dicir que consegues extraerlle todo o potencial á ferramenta facendo ademais unha presentación moi clara do teu tema. Noraboa!

Like
bottom of page