top of page

La moneda del presente

Na miña infografía tratei de, no lugar dunha páxina web que basea a súa actividade na conversión e intercambio de Bitcoin, expoñer as bondades e principais vantaxes da que xa se coñece como "a moneda do presente". En principio, non tiven maiores problemas á hora de elixir a información que quería presentar nin á hora de incorporala. Soamente tiven algo de dificultades á hora de formular a peza pensando no aspecto máis comercial, moito máis próximo á publicidade que ó xornalismo. Quitando isto, no aspecto máis técnico e relacionado coa forma, o que máis complicado me resultou foi adaptar as imaxes de fondo para que non apracesen cortadas (que solucionei invertido a imaxen alternativamente e xogando coa transparencia) e seleccionar as cores principais (algo que finalmente resolvín coa ferramenta de Adobe).

- Eladio González Lois

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

En xeral o traballo está moi ben resolto. Este sería un tema "complexo" de comunicar, pero preséntalo moi ben solucionado a través de pequenos impactos visuais nos que apoias o texto con iconos. A combinación de cores que elixes ten sentido (especialmente se temos en conta a vinculación desas cores co propio tema abordado) e funciona ben en conxunto, aínda que usos como o de mudar de cor para poñer os dous puntos de "siguiendo estos pasos:" son certamente arriscados. De cara a futuros proxectos (ou se quixeramos repetir este) habería que revisar algunhas cousas de aliñación (no conxunto do titular, por exemplo, onde está un pouco tirado cara a dereita) e tamén algúns dos tamaños, como na parte das…

Like
bottom of page