top of page

'Juego de Tronos' en España

Dende un primeiro momento decidín aproveitar esta práctica para realizar algo relacionado cunha rodaxe. E que mellor, que facelo sobre unha das series de ficción máis relevantes dos últimos tempos e que, de seguro, pasará á historia.


Penso que obtei por un deseño sinxelo, tanto na escolla da escaleta do mapa -unha visión simple, que non distrae á nosa atención e sitúanos directamente sobre os puntiños seleccionados- como na xestión dos elementos icónográficos.


Por outra banda, tentei relacionar cada localización co icono que máis se lle asemellaba. Deste xeito, unhas ruinas arquitectónicas ou unha ponte romana, aparecerán delimitadas co icono de 'monumento'. Por outra banda, as catedrais ou hermidas aparecerán marcadas con outro tipo de debuxo, que salientará o seu carácter relixioso. O mesmo sucede con outras situacións de diferente índole, xa sexan praias ou parques naturais. Asemade, estes iconiños penso que van asociados cunha cor que resulta apropiada, coma por exemplo, estas paraxes naturais con distintas tonalidades de verde.



Á hora de executar esta práctica atopeime cun primeiro problema: as distancias. Unha das miñas ideas iniciais era vincular mediante líneas ese diversos puntos xeograficamente dispares mais que na pantalla contribúen a crear a mesma localización. Ó tratarse de tramos tan longos, as liñas que os unen non encaixan ó 100%.


Por outra parte, a versión gratuita da ferramenta tamén me xogou unha mala pasada en canto ó meu concepto inicial. Tiña pensado acompañar cada punto do mapa cunha foto é unha breve descripción, mais, esta versión simple non me deixaba empregar máis de 12 fotos, polo que tiven cavilar un pouco para darlle solución a esa problemática - como é o caso dos dous puntos que sirven para dar vida a Dorne.


Afortunadamente, ó ser unha serie moi recoñecida e cunha importante fanbase detrás non tiven moito problema á hora de recopilar a información que precisaba




1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
08 nov 2021

Ben resolto no plano do contido, mais fáltanos un chisco máis de traballo no relativo á súa organización. Ao ter tantos puntos (21 no teu caso) sería de utilidade crear grupos ou categorías ( segundo o criterio que considerases oportuno) e que desen orixe a un menú na parte dereita da visualización. Así a audiencia podería configurar a súa experiencia personalizada navegando por estes materiais, ocultando algúns deses grupos, etc.


Despois en canto ao contido, nada que dicir. Realmente está moi ben compensado e todas as tarxetas aportan información textual e visual (onde foi posible meter imaxe) de validez para entender a temática.

Me gusta
bottom of page