top of page

Inversión en Educación en España e Europa

Para esta práctica previa á entrega final decidín enfocarme na inversión en Educación, buscando un desglose deste gasto por países europeos e comunidades autónomas de España (só as que contan con sistema educativo cuxas competencias estean nos gobernos rexionais).


Os datos escollidos (dispoñibles máis abaixo) pertencen ao Ministerio de Educación e Formación Profesional no caso de España e Eurostat no que atinxe aos datos de carácter europeo. A mostra escollida recolle o cuadrienio 2016-2019, representando os datos de gasto en euros por habitante. No caso dos datos do Ministerio, atopeime co problema da inexistencia dos datos representados en euros por habitante, polo que foi necesario facer unha estimación coas comunidades autónomas.


Velaquí os datos e a súa limpeza:




As tres visualizacións son:


  1. Dispersión: Inclúe a evolución do gasto por habitante nas comunidades autónomas entre os anos 2016-2019. Conta cun reprodutor que actualiza os elementos a cada ano e é posible detelo para ver os datos equivalentes a cada ano.

  2. Xerarquía: Este diagrama de círculos recolle os datos de gasto por habitante nos anos 2016-2019 en Europa, dividindo os países por rexións (Norte de Europa, Centroeuropa e Sur de Europa).

  3. Gráfico de liñas: Despois de pensalo moito, escollín esta visualización para amosar a evolución do gasto por habitante nas catro comunidades autónomas máis habitadas de España entre os anos 2016-2019.

Velaquí as visualizacións:




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 22, 2021

O traballo cos datos está ben executado e a súa presentación tamén. Tan só che apuntaría un par de cousiñas.


No gráfico de xerarquía habería que editar minimamente a ventá emerxente para facela máis ancha. Así colleríalle toda a información sen facer saltos de liña que nos corten as cifras.


Por outra parte, aconsélloche empregar a coma como separador para os decimais sempre que sexa posible, xa que é a fórmula recomendada en español e en galego. Como ves, son cousas mínimas que se solucionan rápido, xa que polo demais todo funciona á perfección.


Ben executado!

Like
bottom of page