top of page

Inclusión para a evolución

Para a primeira práctica da materia decidín traballar sobre unha organización, neste caso a Fundación Amigos de Galicia. O fin desta peza é que calquera poda recoñecer dun modo atractivo e visual o labor da asociación e as súas achegas para a sociedade galega. Ao tratarse dunha ferramenta de comunicación corporativa empreguei a paleta de cores da propia organización, polo mesmo motivo o deseño é sobrio e simple. A información foi sacada da propia páxina da Fundación Amigos de Galicia, concretamente da memoria anual de actividades do 2020.


No que respecta á elaboración o máis complicado do proceso foi tratar de sintetizar a información nun espazo reducido, pero que á mesma vez este non estivese moi recargado. Finalmente decidín primar a claridade e os brancos, desta forma a infografía pode parecer un pouco longa; mais penso que cumpre coa súa razón de ser.


A infografía tamén pode visualizarse mediante este enlace




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 24, 2021

A organización da presentación, os elementos empregados e as cores utilizadas son máis que correctas. Porén, habería que facer unha revisión no plano do espazo. Hai demasiados ocos sen contido que están a consumir espazo (e scroll, neste caso) pero que carecen de información. Así, a túa proposta podería ser un pouco máis concentrada en termos de tamaño no sentido vertical sen que se fose resentir en absoluto a historia que estás a transmitir. Unha modificación sinxela, pero que faría máis claro o traballo.


Polo demais, pode que tiveramos oco para engadir un link ao sitio web da Fundación e facer así desta infografía non só un resumo do realizado, senón tamén unha porta de entrada a esta institución. Así…

Like
bottom of page