top of page

Galician Noir

Para a segunda práctica explorei as localizacións das producións galegas que se converteron en internacionais gracias á súa distribución en plataformas de streaming: O sabor das margaridas, Auga seca e El desorden que dejas. Curiosamente, todas as súas tramas teñen trazos de thriller. Así, un xornalista de The Guardian catalogounas como creadoras dun novo xénero: o denominado "Galician Noir".

As maiores complicacións atopeinas á hora de atopar información respecto a Auga seca e O sabor das margaridas; solucioneino acudindo aos créditos de final de capítulo. En cambio, para El desorden que dejas empreguei material oficial de Netflix. Foi difícil, ademais, escapar do caos á hora de organizar a información. Decidín asignar a cada unha das series unha cor parecida á da súa cartelería oficial e crear unha categoría para cada unha. A dispersión das localizacións nos casos de O sabor das margaridas e El desorden que dejas dificultou a tarefa de agrupar tódolos puntos nunha mesma área como fixen con Auga seca. Con todo, estou contento co resultado final.


1 komentarz


angelvizoso
angelvizoso
17 lis 2021

Pois realmente está moi moi ben solucionada a complexidade que podía xurdir de presentar tres escenarios diferentes na ficción que están configurados a partires de múltiples localizacións en toda Galicia. Moi ben no plano do contido, pois todas as tarxetas apuntan información relevante e as imaxes poñen en valor aquilo do que se está a falar. En canto á organización do material, máis do mesmo, xa que o menú creado a partires da agrupación en categorías axuda a consultar e navegar por unhas partes e por outras do mapa, idea que se amplía co emprego da cor. Noraboa!

Polub
bottom of page