top of page

Flores que danan

Actualizado: 27 ene 2022

>Os campos de espiñas que envolven as terras galegas preocupan á poboación

>Galicia preséntase como a segunda comunidade con máis parques eólicos por debaixo de Castela e León


Unha paisaxe contaminada- SABELA FREIRE

Os molinos eólicos son una das fontes de enerxía fundamentais da actualidade. A través desta e doutras renovables preténdese reducir a utilización de enerxías contaminantes e dañinas para o medio ambiente. A pesar de ter unha finalidade aparentemente positiva para o correcto desenvolvemento do entorno, xorden raíces, cargadas de incertidume, que se mergullan na mente da sociedade. Entre estas cuestións preocupa como afecta ás persoas, que relación existe entre a enerxía eólica e o prezo da luz e a repercusión medio ambiental.


A enerxía eólica é a que procede do vento. Este fenómeno atmosférico oculta un fantástico poder, a capacidade de producir enerxía cinética. Dende a Asociación de Enerxía Eólica (AEE) explican a funcionalidade do aire: “El aire tiene masa y, cuando está en movimiento, provoca energía cinética por efecto de las corrientes de aire que puede ser transformada en electricidad. Se trata de una fuente de energía limpia e inagotable, que reduce la emisión de gases de efecto invernadero y preserva el medioambiente”, contan na súa web.

Unha vez que os eólicos producen esta enerxía, a evacúan dende o seu centro de transformación a través dunha liña eléctrica que atopa o seu fin nunha subestación de distribución. Esta última sería a encargada de repartila ao usuario final. Dende a conta de Youtube "EcologíaVerde" definen a enerxía eólica, mostran como funciona esta e expoñen os diferentes tipos de aeroxeradores.




Galicia é unha das comunidades pioneiras na implantación dos campos eólicos e na regulación dos mesmos, converténdoa nunha potencia eólica. Isto desenvocou na instalación de máis de 4.000 aeroxeradores nos montes de máis de 100 concellos diferentes. O gran furor pola implatación desta enerxía proveen dun marco regulador que favoreceu a creación de centrais eólicas. Deste xeito, a terra galega plantou na súa terra unha especie de flor moi diferente ás anteriores: os eólicos. O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) afirma que entre o 1997 e o 2017 se instalaron máis de 3.300 MW. Actualmente, Galicia conta cun total de 180 parques en funcionamento, o que se traduce en 3.808 MW de potencia.


No caso de España, na actualidade hai un total de 1.265 parques eólicos instalados en máis de 1.000 municipios diferentes, o que se traduce nun total de 27.446 MW de Potencia Eólica instalada no país.



"El sector eólico español es un cluster industrial"

Por que España e concretamente Galicia decidieron apostar por esta enerxía e non por outra renovable? A resposta a ten AEE. “El sector eólico español es un “cluster” industrial: en España tenemos desde las empresas que fabrican las tuercas hasta las que gestionan los parques eólicos en tiempo real con sistemas informáticos líderes en el mundo, pasando por los fabricantes de aerogeneradores. Una cadena de valor que supone el 0,30% del PIB español (datos de 2020) repartida por 16 comunidades autónomas”, afirman. Dado os aparentes sinfins de beneficios que oferta esta fonte, o Goberno Central e a Xunta de Galicia non dubidan en permitir o desenvolvemento de enerxías verdes que fomentan a riqueza e a creación de emprego.




A pesar de que ambas impoñan unha serie de requisitos para o establecemento de parques eólicos diferentes, dende a Xunta teñen claro que o futuro do sector eólico na comunidade debe pasar por “unha planificación ordenada e garantista, que permita achegar seguridade xurídica ao sector, ao mesmo tempo que dá prioridade a un desenvolvemento compatible co medio natural”, explican dende a Administración. Ademais, aclaran que a transición cara a este tipo de fontes de enerxía é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Unión Europea. “A redución do consumo de combustibles fósiles e a redución das emisións de CO2 contémplase como unha necesidade para intentar frear o cambio climático”, explican. Con respecto aos posibles interrogantes sobre o impacto medioambiental dos parques, a Xunta afirma que compensa en comparación coa “enerxía que se xera queimando combustibles fósiles”, pois a afección medioambiental derivada da enerxía eólica “é a mínima posible”.


A Administración autonómica resalta o seu labor no establecemento dunha moratoria de ano e medio, desde este mes de xaneiro, para que os 275 expedentes que teñen agora sobre a mesa -que corresponden a 7.200 MW- póidanse tramitar coas “máximas garantías”. Ademais explican que "o 77,5% do territorio galego está blindado, posto que non se poden implantar parques eólicos fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico (ADE) do Plan sectorial eólico, nin tampouco en espazos da Rede Natura”, aseguran. Para reforzar a compatibilidade dos eólicos coa protección do medio ambiente e as actividades do sector primario, a Administración enuncia a nova limitación na distancia dos aeroxeradores con respecto aos núcleos rurais, urbanos ou urbanizables, “pasando dos 500 metros a cinco veces a altura do aeroxerador”. Igualmente, comunican que están impulsando diferentes ferramentas para achegar información aos concellos, á cidadanía e ao resto de entidades interesadas. Estas ferramentas serían a rede de información provincial de proxectos eólicos, a Guía divulgativa da tramitación dun proxecto eólico (dispoñible en web) e a Oficina de información a propietarios de terreos, “para informar sobre métodos e criterios de valoración, así como a normativa aplicable para a clasificación e cualificación do solo”, expoñen. Con respecto á preservación do medio ambiente, distinguen a avaliación de impacto ambiental como o instrumento máis garantista do que dispón a Administración e a cidadanía para “comprobar os efectos que un determinado proxecto de calquera natureza pode ter para o medio ambiente”. Deste xeito, a Xunta relata que “na declaración de impacto ambiental dos parques eólicos analízanse as posibles repercusións no medio, compensacións, condicionantes para o seu desenvolvemento, etc., ademais de fixarse medidas para reducir os impactos, de ser o caso. Asimismo, se o proxecto se demostra ambientalmente inviable, non se pode levar a cabo”.

"Non se poden implantar parques eólicos fora das Áreas de Desenvolvemento Eólico nin tampouco en espazos da Rede Natura"


A outra cara da moeda

A pesar da insistencia da Xunta por asegurar que o desenvolvemento dos parques eólicos atópase baixo unha serie de requisitos ou restriccións moi marcadas, estos últimos meses brotaron Plataformas en defensa do medio rural e en contra da implantación de eólicos nas súas proximidades. Este é o caso da "Plataforma Eólicos no Morrazo NON", que comezou por mor dunha asamblea da Comunidade de Montes celebrada nun pobo pontevedrés, Ardán, na que, entre os puntos da orde do día, levaban información sobre a construcción dun parque eólico en terreos da Comunidade de Montes. A portavoz da Plataforma, Sara Montenegro, relata que foi un tema “moi de sorpresa” porque a esa reunión acudiu un enxeñeiro dunha empresa para explicar o proxecto. “Parecíanos moi precipitado porque un parque eólico non só afecta ao dono dos terreos, que neste caso sería a comunidade de montes, ou sexa, que nos afecta a todos. Hai mil implicacións legais, implicacións cos terreos, danos ambientais…”, explica a portavoz.


Unha das afeccións que máis resalta é a perda de valor das casas. Isto débese a que se efectúa un cambio de cualificación urbanística do solo. Como non tiñan ningún tipo de información sobre o acontecido, un grupo de persoas decidiu organizarse e buscar información. Desta forma, convocaron unha reunión e trouxeron a persoas doutras plataformas, a un representante da Asociación Galega da Comunidade de Montes e a un membro de ADEGA, entre outros. Como a reunión tivo moita expectación, decidiron facer unha Plataforma comarcal “porque se descubriu que non só afectaba a Ardán, senón que a bastantes municipios da comarca. Esto foi o 3 de novembro e o 10 nos constituimos como Plataforma”, explica Sara Montenegro. Un claro exemplo da destrucción do chan pola execución dos parques eólicos é o do situado na Serra de Meira, en Lugo. Tiveron que pasar arredor de 14 anos para que a natureza comezase de novo a crear vida e encher de verde as proximidades, ainda así, os campos non adquiriron a mesma forza nin o mesmo valor.



"O noso obxectivo cando nos constituimos era facer o máximo ruido posible para que esas empresas desistisen"

Dende que descubriron o que agochaba esa reunión, non pararon de tirar da corda ata atopar o seu comezo. "Realmente non hai nada presentado en firme o que houbo foron esos intentos desas empresas, que finalmente son dúas, de ir tanteando a propietarios, a Comunidades de Montes… a ver si iba adiante”. Dende a Plataforma contactaron con todos os Concellos, coa Concellería e co Ministerio para ter coñecemento deste proxecto, pero todavía non hai nada presentado. Sara Montenegro asegura que o obxectivo da Plataforma era impedir que o plan se chegara a presentar: “O noso obxectivo primeiro cando nos constituimos era facer o máximo ruido posible para que esas empresas desistisen de presentar os proxectos, sobre todo, porque o 31 de decembro entraba en vigor esa famosa moratoria”. Para chegar ata un maior número de persoas, realizaron actividades e asambleas en diferentes puntos da comarca, conseguido o apoio da Organización Comarcal de Comunidades de Montes. Ademais, integráronse na coordinadora a nivel galego, “Eólicos SI NON”, que o 10 de decembro, como motivo do día internacional das montañas, realizou acción en tódalas comarcas. No caso da “Plataforma Eólicos no Morrazo non”, a andaina executouse por Pastoriza, punto onde se intenta instaurar o parque. “A información que fumos sabendo e que núcleos coma Pastoriza queda moi afectado das posibles ubicacións que estas empresas están barallando pois, por exemplo, iría todo arredor de Pastoriza, incluso un muiño situado preto da antena, ese terreo está calificado coma unha zona de protección medio ambiental, ahí non tería ningún sentido”.


Zona catalogada coma ADE na que se pretende desenvolver o proxecto- REXISTRO EÓLICO DE GALICIA

Dende a Plataforma non cesan para evitar que o proxecto siga adiante. “As alturas mínimas desos chismes son de 150 metros. Eu aquí o exemplo que poño é o da antena de Pastoriza, que son 45 metros. Ademais, esas estructuras requieren unha pigmentación moi contundente para aguantar o palo, entón as escavacións que fan son entorno a 30 metros”, explica resignada a portavoz que fai fincapé en que a implantación dos eólicos pode perxudicar ás traídas de auga de gran parte da poboación da zona. Tamén se mostran preocupados porque a obra non só afectaría ao punto onde se instala. No propio proxecto de construcción indican ese punto e as zonas poligonais, as cales se rexistran coma zonas que no futuro poden ampliar o parque. “Ao mellor registran a túa finca e de momento non fan nada nela, non che pagan nada por ela, pero para empezar, vaiche cambiar a cualificación do solo no plan de urbanismo. Esa finca pasa a ser solo de protección de infraestructuras, sería como un parque industrial”, detalla Sara Montenegro.



FONTES PARA AS VISUALIZACIÓNS E A INFOGRAFÍA:




- Google Earth Pro (para o slider)

1 則留言


angelvizoso
angelvizoso
2022年1月31日

A narración ten un bo fío e os elementos que entran a formar parte dela funcionan ben en conxunto. Porén, en termos de estrutura habería que facer unha revisión dalgúns parágrafos (hai algúns que son demasiado longos e nos que sería convinte separar as ideas para facer máis áxil a lectura). Por outra banda, hai algúns termos que se nos infiltraron dende o castelán. Moi importante revisar estes aspectos, xa que a lingua é a nosa ferramenta e non podemos traballar con ela avariada!


No relativo ás formas gráficas, faltaría integrar a infografía na liña cromática elixida para o mapa e o gráfico (ou outra que se decidise empregar). É importante ter ese libro de estilo que nos guíe tamé…


按讚
bottom of page