top of page

Festival Son Rías Baixas

Un dos ámbitos que máis se viu afectado por mor da pandemia foi o cultural e, máis concretamente, o musical. Tras o cese da actividade, o sector adaptouse á nova realidade con medidas de prevención ante a COVID-19, o que permitiu pouco a pouco a volta de concertos e festivais. Un dos que decidiu poñerse en marcha de novo este verán foi o Son Rías Baixas, en Bueu. Así, esta infografía pretende reunir todos aqueles aspectos relacionados co evento que poidan interesar á sociedade á hora de valorar a súa asistencia.


Entre as principais dificultades durante o proceso de produción sinalaría a complexidade de ordenar visualmente todos os elementos e establecer a prioridade de cada un deles para a súa aparición no gráfico. Por outra banda, manter un equilibrio xusto entre texto e iconos tamén costou o seu, xa que para estas cuestións préstanse máis os compoñentes visuais e nun principio quizais se presentaba un pouco baleira.


1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

A nivel de cores, formas e disposición dos elementos hai pouco que dicir, xa que as decisións tomadas no proceso de deseño parecen as máis acertadas. A paleta de cores empregada funciona ao 100%, xa que parte da propia identidade corporativa do festival.

Como posibles puntos de mellora só sinalaría tres. Por unha banda, habería que reducir os bloques de texto para os artistas, xa que son moi extensos para un traballo destas características. Habería que tentar dar a información máis importante e, se cadra, levar á audiencia a algún outro recurso web onde poder ampliar a información sobre eles. Despois, no mapa do inicio, sería máis oportuno poñer a palabra Bueu máis preto da súa propia ubicación. Ademais,…


Like
bottom of page