top of page

Faros da costa norte galega

Este mapa contén os faros da costa norte galega e trata de levantar interese en visitalos engadindo dúas rutas polas praias que rodean a algúns faros. A elección do mapa base é o de temática pirata xa que vai acorde co asunto marítimo e lle dá unha visión máis fantástica e atractiva.


Dentro de cada faro hai unha ligazón á súa correspondente páxina dentro de turismo.gal, para que o usuario poida recibir máis información sobre a súa localización e interese. Neste mapa as imaxes son moi atractivas e é unha pena que a aplicación non deixe engadir máis, xa que tiven primar as fotografías do tema principal, deixando as praias sen este recurso.





Fontes: turismo.gal

1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
08 nov 2021

Pois non queda moito que dicir. Consegues extraerlle todo o zume que nos podía dar MapHub. O grande mérito deste mapa é a claridade coa que organizas os diferentes tipos de información e tamén que consegues aportar a medida xusta no que respecta aos datos de cada unha das tarxetas (ben completados co hipertexto, ademais).


É, dende logo, un mapa que pide ampliación para poder albergar información sobre máis concellos e mesmo sobre toda a costa de Galicia. Noraboa!

Me gusta
bottom of page