top of page

Evolución da poboación residente en España nos últimos 3 anos

Nesta terceira práctica con datawrapper decidín mostrar unha pequena evolución da poboación residente nas distintas comunidades autónomas de España. Para facelo valinme de datos do INE. Aquí deixo o enlace (para acceder aos datos debemos de seleccionar o ano que queiramos).


Tras descargar os datos do INE quedaronme estas 3 táboas:



Polo que tiven que facer unha nova táboa xuntando todos os datos e eliminando cousas que non necesitaba, dando como resultado esta táboa:



Unha vez que fixen esta táboa xa empecei a traballar en datawrapper. Aquí atopeime con varios problemas:


  • Cando fixen a táboa e o gráfico, aparecían dúas filas máis e non daba a opción de eliminalas. Algo extraño, posto que cando fixen o mapa si que puiden sacalas.

  • Ao facer o gráfico quería engadir algunha anotación, cun texto parecido ao que hai no mapa, para indicar ao usuario que se manten o cursor nunha barra poderá ver o dato exacto. A solución que atopei foi engadilo no apartado notas, aínda que non quedei moi satisfeito porque ao estar tan abaixo é posible que o usuario non o consiga ler.

  • Ceuta e Melilla non aparecen en ningún mapa, polo que non aparecen datos destas zonas no mapa.

  • Estaría ben que os miles e millóns puideranse indicar con puntos nas táboas, para que nos gráficos e mapas quedara mellor. O número enteiro sin separacións coido que é algo desconcertante para o usuario a priori.

En canto ao traballo:


-Na táboa, mapa e gráfico, as comunidades nomeanse da misma forma. Decidín cambiar algúns como "Illes Balears" ou "Comunitat Valenciana" posto que ao poñelo no mapa daba error. Para que houbera unidade entre os tres traballos decidín poñelo todo igual. Por esa mesma razón tamén intentei que o mapa e o gráfico tiveran unha gama cromática parecida.


-No mapa decidín poñer unha anotación indicando que o usario pode acceder ao dato exacto pousando o rato na comunidade que queira. Tamén pode pasar o rato pola lenda, xa que é interactiva.


-O mapa decidín enfocalo a comunidades máis poboadas en 2020, posto que non podía usar os tres anos nun mesmo mapa.


-Na táboa engadín un buscador posto que pode ser útil para o usuario.


-Tanto a táboa como o gráfico decidín oredealos de maior a menor.


A continuación deixo táboa, gráfico e mapa:










1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 25, 2021

No relativo aos datos, o seu tratamento e a súa disposición nada que dicir. Todo funciona correctamente tamén no plano da programación ou animacións dos materiais. Iso si, simplemente comentarche dúas cousas.


En primeiro lugar, hai tres filas extra no paso 1 da subida dos datos. Se te fixas tanto a táboa como o gráfico teñen un espazo en branco de tres filas cara ao final. Iso soluciónase nese primeiro paso 1, borrando todo o que veña despois de Ceuta, neste caso.


En segundo lugar, habería que revisar a escala de cor do mapa. Recomendaríache centrarte nunha soa cor (a que elixas) para facer ese rango. Ademais, o centro está un chisco desviado xa que o marcas en 4M e…

Like
bottom of page