top of page

Europa ten tarefas pendentes


Na actualidade son moitas as persoas que desexan abandonar unha vida chea de recordos no seu país de orixe en busca dunha segunda oportunidade.


Deste xeito, a Axencia da ONU para Refuxiados – ACNUR – rexistra máis de 82,4 millóns de persoas en todo o mundo que se viron na obriga de fuxir dos seus fogares, dos cales se atopan baixo protección só 26,4 millóns. Moitas delas foron persoas apátridas, é dicir, persoas ás que se lles denega a nacionalidade e dereitos básicos como saúde, educación, emprego ou liberdade de movemento. Ademais, a axencia asegura que 1 de cada 95 persoas escapan por motivos relacionados con conflitos, persecucións e torturas.


A maioría destas persoas ven como destino ideal Europa dada a extensa democratización que existe entre os países membros. Pola contra, esta situación fai crer a moitos europeos que permitir a entrada a demasiados inmigrantes pode propiciar un desastre a nivel laboral e económico nos mesmos. Pero os datos sempre teñen unha dobre cara e a realidade é que, a nivel mundial, só hai un país europeo que se atopa entre os cinco primeiros que máis refuxiados asila en comparación co resto de países do mundo.




En canto aos afectados, Siria rexistrouse como o primeiro país de persoas refuxiadas no ano 2020. Castigada pola súa situación conflitiva, 6,7 millóns de persoas víronse obrigadas a desprazarse. Venezuela, Afganistán, Sudán del Sur e Myanmar son os seguintes na lista de países que buscan acollida. Ademais, a posición que adoptan os países da Unión Europea tampouco axuda a mellorar esta situación. Non se ofrecen suficientes vías legais para solicitar asilo e, incluso, se blindan fronteiras para impedir que poidan entrar no país. Estes actos están derivando en que a maioría de persoas teñan que arriscar a súa vida no mar, vallas ou prolongar o seu desprazamento ata encontrar un novo fogar. A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado - CEAR - afirma que, das cifras que se coñecen, polo menos 2.276 persoas perderon a vida tratando de chegar ás costas europeas en 2020.





Como é a situación en España?

No 2020 o noso país presentou un total de 88.762 solicitudes de asilo, dos cales só o 5% das resolucións resultaron favorables. Esta cifra está moi por debaixo da media europea, que está no 33% anual.




As solicitudes de asilo en España creceron notablemente nos últimos dez anos. Porén, no 2020 presentouse unha primeira gran baixada destas cifras, o que supuxo un 25% de peticións menos comparado co ano 2019. Esta redución non se debeu a un cambio positivo nestes países de confrontación, senón que se viu afectada polo aumento de restricións e peches de fronteiras por causa da pandemia da Covid-19.


A elección de comezar dende cero unha nova vida non é libre, é forzado. Son de moi diversa variedade os motivos que os obrigan a facelo, entre elas a de fuxir dunha situación de ameaza para a súa integridade. Outra das causas que provocou máis fuxidas dos países de conflito foron as torturas. A tortura, entendida como a violencia intencional perpetrada co obxectivo de controlar, exemplificar e romper coa personalidade dunha persoa ou comunidade, sigue provocando graves consecuencias físicas e psicolóxicas nas persoas que o viviron. Foi o caso de Patrick Zaki, un estudante de orixe exipcia que foi arrestado no seu propio país por difundir información “falsa” sobre a vulnerabilidade dos dereitos humanos na nación exipcia. Durante os 22 meses nos que o tamén activista estivo encerrado, foi sometido a duros castigos como consecuencia dos seus actos e ideoloxías. O caso de Patrick Zaki converteuse no caso europeo. Todas as institucións e, en especial a sociedade civil italiana, conmocionáronse coa súa historia e loitaron pola súa liberdade. Esta é a súa historia:



Fonte: El Europeista


Este caso representa a situación de outros miles de prisioneiros e cidadáns exipciós que, dende a chegada do presidente Abdel Fattah Al-Sisi en 2013, viron a súa liberdade de expresión radicalmente limitadas por un novo réxime de carácter represivo. Para loitar contra isto, España xa conta cun Día Internacional de Apoio ás Vítimas de Tortura o 26 de xuño. E, ademais, creáronse novos equipos disciplinares que traballan con vítimas de tortura refuxiadas na CEAR, onde o ano pasado xa se ofreceu apoio psicolóxico a 161 persoas. Estes novos proxectos son imprescindibles para erradicar e visibilizar unha realidade da que a humanidade ten que mellorar aínda. Como dicía Nelson Mandela: "Privar a las personas de sus derechos humanos es poner en tela de juicio su propia humanidad.”




Bases de datos:


Fontes:

1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
29 de jan. de 2022

O relato está ben estruturado e todas as partes contribúen ao fío da información de xeito claro de xeito que permiten avanzar por ela.


Dentro dos materiais visuais, habería que facer unha certa revisión da aposta cromática de cara a outorgarlle unidade aos catro elementos realizados. Así, aínda chegando dende ferramentas distintas, poderiamos ter unha liña de estilo que unise os catro a través da cor. Para iso lembra a utilidade de ferramentas como Adobe Color.


Ao gráfico de xerarquía poderíaselle suprimir o último nivel (o dos datos). Isto eliminaría unha acción á hora de consultalo e poderíanse trasladar eses datos a través da ventá emerxente.


Na segunda infografía habería que apostar por unha maior continuidade no uso do texto,…

Curtir
bottom of page