top of page

Erasmus na cidade de Lódz

Para a miña segunda práctica decidín facer un mapa da cidade na que fixen o Erasmus: Lódz (en Polonia) para outros estudiantes Erasmus. Hai algúns mapas turísticos, pero hai poucos mapas (e información en xeral) adicada aos sitios que poden visitar (ou frecuentar) estos estudantes.


Dividin os puntos de interese en catro grupos: comida, festa, compras e vida diaria. Ademáis, tamén engadín outros puntos de interese como a estación de tren, o xardín botánico, unha cafetería bonita ou un parque de trampolíns. Entre as formas de polígono atópanse lugares como o centro comercial máis grande da cidade, ou unha das residencias estudiantis máis famosas.


Decidín incluír unha ruta para facer a chegada a cidade o máis fácil posible. Está pensada para o primeiro día dun estudante na cidade. Pola mañá, a chegada á residencia e o paseo pola calle rúa máis famosa de Lódz (Pitrioswka) ata comer nun dos puntos máis deliciosos (e baratos). Despois da comida, unha andaina tranquila polo parque e unha visita ao centro comercial para comprar todas as necesidades para os seguintes meses.


Penso que, pese a que a maxia das cidades sexa facelas nosas, pode ser un punto de partida moi útil para descubrir novos lugares as primeiras semanas e ter unha folla de ruta.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 06, 2021

Ben organizado a nivel visual a través das diferentes cores e iconas empregadas. Fáltanos, iso si, profundizar un chisco máis no apartado do contido e a explotación da imaxe. Queda algo de terreo por explotar en termos de información en cada punto a través do texto e o hipertexto e tamén faltaría aproveitar esa característica da ferramenta que nos permite engadir imaxes nos diferentes puntos do noso mapa. Así levamos á xente a Lódz mesmo antes de saír da casa. Por último, habería que botarlle unha ollada tamén ao menú, pois quedan uns cantos elementos sen engadir en ninguna categoría. Se se opta polo enfoque de facer categorías ou pestanas é importante que todos teñan a súa, senón achegan esa sensació…

Like
bottom of page