top of page

Edificios históricos de Vigo



Para esta segunda práctica, optei por situar no mapa algúns dos edificios históricos máis atractivos de Vigo. A cidade sufriu unha gran transformación a comezos do século XX, que se traduciu nun auxe da arquitectura modernista e ecléctica na cidade, da man de profesionais como Jenaro de la Fuente, Antonio Palacios ou Michel Pacewicz.


No mapa, aparecen sinalados estes edificios máis emblemáticos xunto cunha pequena descripción coa súa información básica, coma o arquitecto, ano de construción ou finalidade do edificio (vivendas, oficina, hotel...); xunto cunha ligazón a artigos que amplían a información.

Para facilitar a navegación do usuario dividín os edificios en catro categorías: hoteis, construcións con finalidade cultural, sedes de bancos e vivendas. Desta forma, pódese facer un pequeno cribado á hora de consumir a información. Ademais, as etiquetas teñen iconas e cores diferentes para poder identificalos mellor.


No mapa aparece unha ruta suxerida que percorrer os trece edificios que se atopan na mesma zona. Coa ferramenta de texto, identifiquei rúas e barrios que se atopan máis lonxe. Aínda que o mapa básico e MapHub é válido para esta representación, creo que a versión satélite (ESRI Classic Satellite) permite ver ó completo a magnitude dalgún destes edificios. Na representación ideal, cada construción iría acompañada dunha fotografía.




1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
08 de nov. de 2021

Pois realmente non hai moito que dicir en canto a posibles melloras, pois consegues expremer ao máximo o que nos dá MapHub. Ben a nivel do contido (que aportas na medida xusta para cada tarxeta). Ben na organización dos elementos segundo o tipo de presentación que empregas para cada un deles (puntos, liñas...). Ademais, o menú da dereita outorga a posibilidade de crear unha experiencia plenamente personalizada e soluciona posibles problemas de solapamento que puideran xurdir en determinados puntos.


O dito, que moi ben! Noraboa!

Curtir
bottom of page