top of page

Desemprego en España e na Unión Europea

Para esta cuarta práctica dedicín abordar o desemprego que hai en España e tamén na Unión Europea para ver as diferenzas que se encontran entre os diferentes países e, no caso de España, entre as diferentes Comunidades Autónomas e rangos de idade.


No seguinte documento integrei as tres táboas que empreguei para facer os diferentes gráficos:



A primeira gráfica que presento é a porcentaxe de desemprego nos cinco países máis habitados da Unión Europea. Aínda que nun principio tiña pensado facelo dos 27 países que conforman a UE, ao final decidín optar por só incluir os cinco máis habitados, xa que o meu obxectivo era que se vira a evolución de cada variable respecto ás outras de forma clara e sen necesidade de filtros, cousa que incluía todos os países non sería posible. En canto ao ano de referencia escollín por empezar polo 2008 porque foi o inicio da gran crise e considero que é un bo momento para ver como foi evolucionando o desemprego desde ese momento ata a actualidade.


Os datos son sacados de Eurostat e non tiven ningún problema ao respecto xa que na propia base de datos deixa facer unha gran limpeza de datos e no momento de descargala case non tiven que facer ningunha outra modificación.



Na segunda xa nos adentramos en España e observamos a porcentaxe de desemprego total no 2020 nas diferentes Comunidades Autónomas cun gráfico de dispersión. Os datos son sacados do Institututo Nacional de Estatística. O que pasa con estes datos é que aparecen agrupados en trimestres. Polo tanto, foi necesario facer unha media de todos os trimestres en cada Comunidade Autónoma para saber a porcentaxe total anual.



A última foi un gráfico de xerarquía e, sen dúbida, foi o traballo que máis me custou en toda a materia. A idea era mostrar o desemprego en función das idades dentro de cada Comunidade Autónoma pero á hora de facer a xerarquía na base de datos de Flourish non sabía como tiña que estruturar os datos para que apareceran da forma correspondente na parte de visualización e estiven facendo varios pasos innecesarios (como por exemplo a media das diferentes idades) ata que finalmente o profesor me deu a clave de como se tiña que abordar este traballo. De todas formas, pasar os datos de cada idade e cada trimestre por Comunidades Autónomas foi un traballo bastante custoso e estresante. Ao final a xerarquía foi comunidade-trimestre-idade. A información dos popups aparecen só no último nivel, para facer unha recompilación de todos os pasos anteriores e aparece subliñado a porcentaxe de desemprego para destacar cal é o dato importante.






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 27, 2021

O primeiro gráfico, o de libre elección, está ben traballado e ben programado. Tan só nos faltou apretar media volta máis o tornillo e modificar eses controis da parte inferior para traelos ao idioma de traballo. Iso faríase no apartado "Controls", no que en lugar de "Replay" podemos poñer "Repetir" e en lugar de "Scores" "Cifras" ou "Datos". Xa que Flourish nos ofrece esa posibilidade é importante facela nosa para que os traballos queden pechados ao 100%.


No de dispersión o tratamento dos datos e o funcionamento é correcto. Tan só te animaría a revisar o xeito no que presentas os números, xa que a fórmula preferida en galego e en español para os divisores dos decimais é a coma.


Like
bottom of page