top of page

Descubrindo a Costa da Morte: A Ruta dos Faros

Para a práctica 2 escollín a recreación da Ruta dos Faros, un camiño turístico galego de 200 kilómetros que permite coñecer a maxia da Costa da Morte. A miña idea inicial era representar as oito etapas da ruta, pero despois decateime de que sería inviable posto que dentro de cada etapa hai unha gran cantidade de tramos para explicar. Polo tanto, decidín centrarme só nunha das etapas, neste caso a primeira, que vai dende o Porto de Malpica ata a Praia de Niñóns. Para representar este traxecto elixín como mapa base o chamado Satellite (labels), encadrado dentro de Map Box. Pareceume o máis axeitado porque, de todos os dispoñibles, era o que me ofrecía máis localizacións exactas de praias, cabos ou montes da costa galega.


En canto á selección dos elementos cos que me permite traballar MapHub, decidín resolver a miña práctica da seguinte maneira:

  1. Points: Serviume para poder explicar cada unha das paradas que hai ao final de cada tramo. Todos os descansos contan cunha imaxe ilustrativa e están indicadas co símbolo de información (i). Porén, só hai tres iconos que son diferentes: por un lado atopamos dous representados cunha figura humana, estas indican o inicio da etapa en Malpica e o final en Niñóns; pola outra banda, o terceiro icono é o que está representado coa figura dun faro, este serve para indicar que alí se atopa un deles.

  2. Line: Este elemento serviume para indicar cada un dos lugares por onde se desenvolve cada tramo. A maiores, cada liña conta cun pequeno texto onde se recomendan as "paradas de interese" máis relevantes do traxecto. Por este motivo, o meu mapa está pensado para ir ampliando e ver detalladamente cada un dos sete tramos polos que transcurre a primeira etapa.

  3. Polygon: Este elemento pareceume interesante empregalo para a división dos tramos en seccións diferenciadas por cores. Neste caso, o meu obxectivo era conseguir facer os tramos máis visuais e, para iso, empreguei tonalidades crómaticas azuis, xa que é unha cor que se asocia co mar e, polo tanto, quería crear ese vínculo temático. Ademais, nos recadros que explican as seccións, van indicados tres datos importantes: a dificultade de cada tramo, a distancia que ocupa e a duración na que se estima que se leve a cabo o camiño en cada zona.

  4. Text: Como no mapa Satellite (labels) xa veñen indicadas a maioría das localizacións, decidín empregar esta ferramenta só para destacar o lugar onde se atopa o primeiro faro da ruta, pois é un dos elementos esenciais desta aventura turística.

Por último, hai unha pequena nota informativa na cal se explica brevemente o que é a Ruta dos Faros e o motivo polo que as persoas apaixonadas do senderismo deberían animarse con esta gran experiencia!







Comentarios


bottom of page