top of page

Curiosidades sobre Pisa

Actualizado: 20 oct 2021

A miña primeira toma de contacto co panorama infográfico trata sobre as curiosidades máis sobresaíntes dun dos grandes atractivos turísticos de Italia, a torre de Pisa. O problema principal ao que me enfrontei para elaborar este traballo foi ter que acoutar a cantidade de información que quería expoñer. Tiña como idea inicial centrar os datos nas fases polas que pasou a construción da torre, pero iso suporía facer unha infografía só dese tema dada a súa gran extensión. Outro dos problemas que se me presentou foi a colocación dos datos coas imaxes: traballar coa cor do fondo das imaxes, engadir os saíntes informativos á par que as iconas, adicarlle un oco ás fases e coidar moi ben a orde visual foron os principais inconveninetes. Finalmente, optei por dividir a infografía en tres partes:

  1. A primeira conta con dous resumos moi breves dos mitos máis coñecidos sobre a torre, acompañados dunha pequena ilustración referencial.

  2. A segunda parte é a máis visual e central da infografía, polo que capta case toda a atención. Conta cunha imaxe realística acompañada de pequenos entrantes sobre os destacados máis curiosos da torre.

  3. Finalmente, a terceira parte é para aquelas persoas que queiran seguir coñecendo sobre a torre e a súa evolución durante a construcción. Esta última parte é a menos ilustrativa e, por ese motivo, está colocada na parte inferior do documento.



1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
24 de out. de 2021

En xeral a división por bloques ten moito sentido se a ollamos dende o punto de vista horizontal, aínda que en sentido vertical hai unha certa acumulación de datos no tramo que ten o fondo branco. Aquí poderíache resultar máis eficiente facer unha división en tres espazos (mitos, medidas e datos destacados). Isto poderías solucionalo levando os textos cos mitos e lendas máis á esquerda, deixando aire entre eles e a imaxe e presentando ese dato dos 55,863m a carón da propia torre, xa que na súa posición actual requírenos desprazarnos pola infografía para chegar a eles.


Polo demais, a nivel de contido está ben resolta. Pode que a cronoloxía da parte final teña certo oco para poder ser modificada…


Curtir
bottom of page