top of page

Comparativa de homicidios a nivel nacional e europeo

Para aproveitar o traballo realizado na práctica 3 decidín rescatar os datos de homicidios por CCAA en España durante 2020 e centrar o traballo nese tema, xa que as tasas permiten trazar paralelismos a nivel internacional.


Desta forma, a miña fonte segue sendo o INE a nivel nacional.

Xa para os datos internacionais seleccionei EuroStat, base de datos que me permitía filtrar crimes pola categoría de homicidios e que o último dato que tiña era de 2019. Este, aínda non sendo un problema maior, estropea un pouco a continuidade do traballo, pero non había nada de 2020. Os países que non teñen datos non están eliminados da táboa porque aínda consultei na clase se debían aparecer ou non a pesar das circunstancias.

Todo isto resultou en tres visualizacións:

  1. Dispersión: un gráfico de puntos conectados que reflexa a evolución dos homicios en España por CCAA dende 2010 ata 2020.

  2. Xerarquía: inclúe, de forma xerárquica, a tasa de homicidios dos países europeos en 2019. Para materializar os datos nun gráfico deste estilo tiven que botar man das rexións europeas e así aglutinar varios países, xa que non hai un desglose de datos de homicidios.

  3. Mapa cromático: non tiña intención de repetir, pero o tema en cuestión prestábase demasiado a plasmar as tasas nun mapa e comparar de forma moito máis xeográfica e sinxela as diferenzas entre os países en canto a homicidios. Para esta visualización engadín tamén un bascador que alixerara o proceso de búsqueda dos usuarios.

Estes tres elementos independentes están interconectados por un mesmo tema e por un mesmo estilo. A elección de manter a cor da actividade anterior era obrigada pola relación que hai entre os tons e a cuestión, e extendéndoa ás tres actividades creo que consigo crear un sentido común necesario.


Non quería deixar o traballo nun resultado similar ó anterior, así que, dadas as posibilidades de Flourish, engadín a todas as comunidades e países a súa bandeira para ilustrar mellor o exercicio e darlle un pouco máis de identidade.


Adxunto o resultado final:







1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 22, 2021

O tratamento dos datos e o traballo con eles é moi axeitado e tan só habería que pulir algunhas cousas moi pequeniñas para deixalos ao 100%.


No de dispersión, nada que dicir. Todo funciona correctamente, enténdese de xeito perfecto e a edición é moi boa.


En canto ao de xerarquía, habería que afinar eses popups. Se te fixas, o popup xa está activo no nivel inicial (o das zonas xeográficas). Como para aí non ten información como a da bandeira ou a cifra da taxa de homicidios queda sen nada. Iso soluciónase dicíndolle que só faga uso do popup nos niveis inferiores ao principal ou mesmo no último nivel.


En canto ao mapa, tampouco moito que dicir, xa que a…


Like
bottom of page