top of page

Como podemos detectar un trastorno alimenticio?

Para a realización desta práctica decidín escoller un tema que me parece atemporal e ao mesmo tempo de fervente actualidade. Co aumento do uso das redes sociais e a ansiedade causada pola chegada da pandemia, os trastornos alimenticios encontran un caldo de cultivo social perfecto no que desenvolverse.


Igualmente, os problemas que encontrei foron, por unha banda, representar mediante imaxes cousas tan abstractas como unha mala relación coa comida, e por outra, a grande cantidade de datos estatísticos que ofrecía a institución que seleccionei como fonte de información.




1 commentaire


angelvizoso
angelvizoso
23 oct. 2021

En liñas xerais a presentación é moi clara para un tema que ten certa complexidade. Consegues dar os datos fundamentais desta realidade e os principais consellos para tentar atallar este tipo de situacións, o que fai da túa infografía un recurso de moita utilidade para a audiencia.


No plano visual, a liña cromática é acertada, e as diferentes cores empregadas funcionan ben tanto de xeito individual como no marco do conxunto proposto. Esta mesma idea aplicámola aos elementos visuais elixidos, que están integrados de xeito acertado. No que respecta aos gráficos, nese diagrama de árbore que empregas para falar da prevalencia dos TCA na xuventude habería que ver se quitamos as porcentaxes da visualización ou da etiqueta, xa que nos…


J'aime
bottom of page