Como cambiou a poboación en España nos últimos dez anos?
- Laura Rios Batista
- 23 nov 2021
- 2 Min. de lectura
Para a realización desta terceira práctica con Datawrapper decidín utilizar como fonte de datos o Instituto Nacional de Estatística, en concreto, aqueles relacionados cos nacementos, os falecementos e o saldo vexetativo da poboación a nivel nacional. Para facer a taáboa escollín todos os datos da serie dos últimos dez anos anteriores á pandemia, o que me permitiu reflectir a situación das tres variables segundo sexo e comunidade autónoma. No caso da gráfica de barras, pensei que a mellor opción para este tipo de visualización era a representación do descenso do número de nacementos, xa que se trata dun formato eminenteente visual no que cun simple vistazo podemos entender o groso da información. Por último, para completar o mapa decidín representar nel o saldo vexetativo poboacional a través das distintas comunidades autónomas.
O primeiro dos problemas cos que me encontrei foi a ordenación e limpeza dos datos. Ao ser esta a miña primeira experiencia cun programa de procesamento de datos, tiven que aprender a organizalos e despoxalos de todo aquilo que puidese ser confuso para Datawrapper. A partir deses cambios, o certo é que o programa foi relativamente sinxelo de utilizar.
O segundo problema foi a escolla de cores, xa que ao tratarse de datos de certa sensibilidade preferín fuxir de cores con matices determinadas coma o vermello ou o verde. A escolla do azul penso que foi acertada porque ofrece un punto de vista máis distante, como máis serio, que ademais permite combinar os gráficos entre si a nivel estético sen que resulten demasiado vibrantes para a vista.
Por último, penso que esta práctica permitiume comprender a importancia da organización e limpeza dos datos e que pode facer que Datawrapper sexa un bo aliado á hora de producir contido en liña no futuro.
Ben organizados os tres elementos en termos de funcionamento conxunto (no relativo á cor e demais aspectos da presentación). Iso si, pode que nalgún deles che resultase útil facer uso do subtítulo e, dende logo, habería que mudar o idioma da visualización no mapa e na táboa (actualmente están en inglés). Como puntos para a mellora sinalaría os seguintes:
Gráfico: habería que eliminar eses corchetes do título, xa que non están presentes en ningún outro dos elementos presentados e trasladan esa sensación de "fallo" ou de que faltou algo por rematar. Polo demais o seu funcionamento é correcto e non se detectan fallos.
Mapa: tocaría revisar un chisco a escala de cor e, especialmente a súa disposición. Neste caso compensábache…