Como beneficiarte da terapia psicolóxica gratuíta para estudantes
- Carlota Lázaro Silva
- 18 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Para esta práctica decidín poñerme no papel do Ministerio de Sanidade para realizar una infografía informativa sobre a posibilidade de recibir terapia psicolóxica gratuíta que ofrece o Seguro Escolar que pagan todos os estudantes ó comezo de cada curso.
Como é unha infografía na que non se expoñen datos numéricos nin gráficos de ningún xeito decidín escoller a ferramenta Canva xa que inclúe un maior abano de elementos gráficos gratuítos, como os que usei para ilustrar a terapia.
A verdade é que non tiven que enfrontarme a ningunha dificultade á hora de elaborala, foi un proceso bastante sinxelo. Houbo que facer unha pequena síntese sobre os estudos que están cubertos con este servizo porque cando intentei metelos todos o espazo quedaba insuficiente e o resultado final moi cargado de texto.
Pois o certo é que hai pouquiño que dicir excepto un "noraboa!" ben grande. Esa complexidade da que falas no comentario de poder chegar a sobrecargar con texto está moi ben resolta da man dos diferentes destacados. A nivel de estrutura, esta é moi eficiente xa que esta presentación case a modo de paso a paso ou cronoloxía do proceso adoita funcionar moi ben.
No plano das cores, os elementos visuais seleccionados (iconas e formas) e as tipografías empregadas tampouco se pode comentar nada, xa que o funcionamento tanto de forma individual como en conxunto é perfecto. Realmente estamos ante un traballo que estaría máis que listo para a súa difusión. Como punto no que poderiamos introducir algún elemento estaría…