top of page

Cinco claves do método Montessori

Decidín realizar a infografía sobre o método Montessori, un modelo educativo que pon ao neno (e non ao docente) no punto central da educación. Déixalle liberdade aos cativos para que poidan coñecer o mundo e aprender dunha forma máis independiente. Está feita dende o punto de vista dunha gardaría, que intenta explicarlle ós pais cales son os puntos clave do seu modelo educativo.


1 commentaire


angelvizoso
angelvizoso
27 oct. 2021

Bo traballo, con claridade e concisión. Neste tipo de proxectos sempre hai o risco de pasarnos ao introducir texto, pero a idea de bloques que introduces para abordar cada unha das realidades funciona ben en conxunto (e tamén de xeito individual). No plano das cores, ben apostado por unha gama que empregas ao longo de todo o traballo, mesmo nas ilustracións coas que completas a información dos textos.


Onde quedaría traballo de revisión é no plano da posición destes bloques ou conxuntos de información (idea + texto explicativo + icona), xa que a súa aliñación non é constante en todo o traballo. Ademais, seguramente che resultase efectivo ampliar un chisco o espazo da visualización e introducir algo de "aire" entre…

J'aime
bottom of page