top of page

Ciclo de Cine Carax

Con motivo da última estrea de Leos Carax decidín realizar unha infografía coma se fora un hipotético cine que neste mes recompila a filmografía do francés e anuncia para os seus espectadores o ciclo cinematográfico dunha forma divulgativa. Así, indícanse para que non o coñece, unha serie de características autorais, os galardóns conseguidos e unha descrición de cada filme.


A realización non me resultou excesivamente complexa, pero unha das maiores preocupacións foi como situar cada elemento na imaxe. Para iso pensei no contido máis importate desta infografía: a filmografía. Porén, a verticalidade era indiscutíbel para presentar estes flimes de forma clara e cronolóxica. Entendo que o formato pode ser difícil de adaptar, pero buscaba mater esa especie de liña temporal, que ó final é a mensaxe máis importante do anuncio. Por iso tamén busquei atraer ó usuario con ese diseño do principio, para que siga fancendo scroll.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 26, 2021

En liñas xerais está moi ben resolto o tema. No plano das cores, a paleta elixida funciona ben, xa que logras aportar contraste e consegues que todo sexa percibido. No plano das imaxes e iconas, o mesmo, pois todas teñen sentido e están ben integradas tanto nos bloques dos que forman parte como no conxunto en xeral. Si que é certo que pode que as imaxes da cronoloxía chegaran a aceptar un chisco máis de tamaño.


A nivel de texto, ben tamén, pois había o risco de pasarnos de letra e non chegaches a caer nel. Porén, habería que revisar os tres últimos bloques de texto (cara ao final) en termos de aliñación dos elementos que o integran, cor (hai…

Like
bottom of page