top of page

Centro de Información ás Mulleres: combatendo a violencia de xénero

Para realizar esta práctica tomei a decisión de poñerme no papel do Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela. O meu obxectivo era realizar unha infografía que explicase brevemente que é e que servizos prestan ás mulleres da cidade.


Non tiven grandes dificultades á hora de utilizar Infogram, posto que xa a utilizara noutras ocasións. Quizais o máis complicado foi a síntese da información, posto que o CIM conta con diversidade de servizos e obxectivos que tiven que condensar nuns poucos puntos. Tratei de presentar a información do xeito máis limpa posible para que non se fixera pesada, mais dese a coñecer todo o necesario para entender o seu funcionamento.









1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
23 de out. de 2021

Moi ben resolto. Con esta infografía queda moi claro o traballo que se leva a cabo no CIM e podería perfectamente ser empregado por esta institución para achegarlle á cidadanía a súa actividade. Tan só botaría de menos unha ligazón que servise para levarnos ao sitio web do CIM e poder así afondar en todo o que fan e os recursos que poñen a disposición da cidadanía. Este é un exemplo de tema no que a infografía pode ser a primeira toma de contacto coa institución que a promove.


No plano de deseño hai pouco que comentar, xa que optas por decisións moi acertadas. Neste sentido, só te animaría a revisar a aliñación dos textos dos obxectivos. Se te fixas,…


Curtir
bottom of page