top of page

Cantos puntos me poden quitar por infracción?

Teñas o carné de conducir ou non, os coches e a seguridade vial é un ámbito que está presente na nosa vida diariamente. Porén, moitos condutores fan un mal uso do seu vehículo ou non respectan as normas de seguridade. Recordar cales son as sancións que poden caer por diversos tipos de infracción é unha labor esencial hoxe en día.


Persoalmente as principais dificultades que tiven ao realizar a infografía foi o de adaptar as gráficas aos diferentes contidos que quería transmitir. Moitas veces tiven que cambiar os datos que primeiramente buscaba difundir e outras tiven que buscar outra gráfica que se adaptara mellor aos contidos. Tamén me custou un pouco entender como se distribuía a información nelas e como había que escribir os datos para que

funcionaran correctamente. De todas formas pereceume unha práctica moi interesante e entretida.








1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

En liñas xerais o traballo está moi ben resolto. Estaba aí o risco de abusar un chisco dos gráficos, pero consegues eliminar ese perigo empregando formas "menos habituais" de forma creativa. No plano das cores, as tipografías e os elementos de deseño empregados non hai nada que dicir, xa que funcionan moi ben tanto de xeito individual como no conxunto da infografía.


Só nos queda a dúbida de se lle falta algo ao gráfico de pictogramas dos ciclistas atropelados, xa que só nos aparece a etiqueta de "mortos" para os que están sinalados en azul, pero non sabemos a característica dos que están en gris. En caso de que quixeras eliminar esa lenda de "mortos" poderíase chegar a facer de…


Like
bottom of page