top of page

Cando o xénero é unha barreira, pero non a única

Ou por qué precisamos un feminismo interseccional



Durante estos últimos anos (ou décadas), o movemento feminista colleu impulso entre unha poboación que se declara cada vez máis concienciada coas inxusticias ás que se enfrontan as mulleres polo mero feito de selo. Pero con maiores testimonios, e con datos que o demostran, vemos que o xénero é en moitos casos unha barreira, pero para moitas non a única a que teñen que enfrontarse.


En 1989 Kimberlé Crenshaw introduce o concepto de “interseccionalidade” co artículo titulado “Demarginalizing the Intersection of Race and Sex: A Black Feminist Critique of Antidiscrimination Doctrine, Feminist Theory, and Antiracist Politics” (“Desmarxinalizando a intersección entre raza e sexo. Unha crítica feminista negra á doctrina sobre antidiscriminación, á teoría feminista e ás políticas antirracistas”). En este artículo Crenshaw analiza a tendencia de considerar solamente un marco na lexislacion antidiscriminatoria, o que se reflexa na teoría feminista e nas políticas antirracistas.


Un 45% das mulleres asasinadas en España por violencia de xénero son estranxeiras


A violencia de xénero, un dos máximos exponentes do machismo que segue na sociedade e que arroxa cifras estremecedoras cada ano, afecta de maneira desproporcionada ás mulleres estranxeiras no noso país. Ao mesmo tempo tamén son as que menos axudas reciben, e as que máis vulnerables se atopan en caso de denunciar (situación irregular, dependencia económica...).


Os datos do 2021 indican que das mulleres asesinadas por violencia de xénero, un 44.5% (case a metade) foron estranxeiras. O informe 'Tirar del hilo' ejemplifica algúns destos casos personais onde o racismo e o sexismo se entremezclan. Alejandra, procedente de Chile, relata que, á hora de denunciar, pedíronlle un parte médico de lesións “Me dijeron que tenía que ir cuando me pegara. Pero él no me dejaba salir cuando me pegaba y me dejaba la cara llena de moratones”.


O informe recolle frases textuais pronunciadas por axentes que forman parte do ámbito institucional como “es que vosotras os montáis unos cuentos, unas historias…” ou “¿usted sabe cuántos millones le cuestan al Estado personas como usted?” pronunciada por abogados de oficios; pero también outras como “mira, tú no puedes vivir en el pasado, tú estás en España, aquí nadie te va a violar tienes que sacarte eso de la cabeza” por parte dun profesional de un recurso de atención especializado en refugio.




As barreiras físicas en Europa


Un grupo moitas veces olvidado nas estatísticas e no deseño da nosa sociedade é a xente que sufre diversidade funcional. Se ben é certo que é un grupo moi diverso e con necesidades diferentes, isto non é motivo para obvialos. Os datos do Eurostat indican que o porcentaxe de poboación en risco de pobreza ou exclusión social é superior neste grupo nas mulleres. Pese a que a porcentaxe de poboación en risco diminuira na última decada, a diferencia entre este porcentaxe en homes e mulleres incluso aumentan lixeiramente.





Pero se España é un país moi "tolerante"..


Os datos indican que os delitos de odio medraron no noso país no primeiro semestre de 2021 con respecto aos mesmos datos prepandémicos -de 2019-. A maioría de estos delitos seguen sendo por racismo, ideoloxía ou orientación sexual e identidade de xénero.



Os números non parecen esperanzadores, pero sigue sendo certo aquelo de que "o que non se ve, non existe". E para darnos conta de que existe unha problemática, o primeiro punto é coñecela e analizala.


Necesitamos un feminismo que sexa consciente de que as barreiras que nos atravesan son diferentes para todas, e que pense que estas diferenzas son importantes e fan máis forte o conxunto. Un movemento que traballe por aquela frase de "si tocan a una, nos tocan a todas".



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 29, 2022

O fío do relato e a estrutura das pezas propostas é axeitado. Imos accedendo a novas partesda información conforme avanzamos polo texto e os materiais visuais.


Dentro destes últimos, dicir que se bota un pouco de menoso unha liña cromática común que os xunte. Aínda que estean elaborados en ferramentas diferentes, da man dalgunha das ferramentas que nos axudan á xestion da cor podíase ter creado un pequeno libro de estilo que nos axudase a ter esa continuidade. Tal e como comentamos, unha das claves deste proxecto era que as infografías non fosen illas, nin con respecto ao texto nin tampouco entre elas.


Na infografía habería terreo para eliminar algo do aire que existe entre algúns dos bloques, pois resulta…

Like
bottom of page