top of page

Camiñas cara a ansiedade?

Para esta primeira práctica optei por realizar unha breve infografía sobre un dos problemas vinculados á saúde mental ó que menos se adoita prestar atención e que, non obstante, resulta moi perigoso: os trastornos de ansiedade, creando unha especie de acción comunicativa asociada á corporación Mayo Clinic.


Á hora de afrontar a propia configuración do tema xurdiu o primeiro problema, posto que existía moita información que podía incluir na peza (síntomas, tratamento, tipos de trastornos, etc.). Decidín centrarme na sintomatoloxía, xa que me parecía máis interesante chamar a atención sobre algunhas señais perigosas e, porén, cotiás que a xente pode ignorar e non asociar á ansiedade. Demasiada información podía tapar o importante e abrumar ó usuario. Tamén tiven que realizar certa síntese entre os síntomas, posto que había varios deles moi similares.


A nivel de deseño o principal problema viu á hora de conxugar de forma efectiva imaxe e texto, xa que quería que as primeiras tiveran un certo peso que sen un desnivel excesivo respecto ás descricións. Penso que máis ou menos conseguín o equilibrio desexado. As pisadas tamén me causaron certos problemas para axustalas e crear un camiño agradable á vista e que non causara confusión.




1 комментарий


angelvizoso
angelvizoso
24 окт. 2021 г.

En liñas xerais consegues algo moi difícil, que é dar o paso a paso dunha enfermidade de xeito claro e accesible para calquera persoa. As cores elixidas funcionan á perfección e mantéñense ao longo de todo o proxecto, polo que non hai oco para a confusión.


Onde habería capacidade para a revisión é nos bloques de texto, tanto na súa división interna como na súa posición con respecto ao globo no que se encadran as ilustracións. Pode que a infografía se vise beneficiada de facer destes conxuntos (número+texto+globo coa ilustración) un mesmo elemento. Isto non quere dicir que tiveran que ir dentro dunha forma que os agrupase, senón que resulta un chisco confusa a posición dos textos, pois varía en…

Лайк
bottom of page