top of page

Cambio climático: unha tarefa pendente



O cambio climático é algo que preocupa a gran parte da poboación mundial e non é para menos. É algo que afecta directamente na nosa forma de vida e no desenvolvemento de todos os seres vivos, posto que afecta de cheo na subida da temperatura global e no cambio antinatural dos ecosistemas de todo o planeta. Detrás destes perigosos cambios encóntrase a acción humana, que mediante as súas actividades contribuiu moito a acelerar dito fenómeno. Unha das actividades que máis o acelerou foi o aumento das emisións de CO2 (dióxido de carbono)


De por si o CO2 aparece de xeito natural na nosa atmosfera como parte do ciclo de carbono da Terra, xa que circula entre as plantas, animais, oceános e a propia atmosfera. Dende fai varias décadas ese ciclo vense alterando polas mencionadas actividades humanas, que fan aumentar enormemente o dióxido de carbono e non só iso, senón que tamén eliminan os disipadores naturais de CO2 (como os bosques). Isto fai aumentar moito as súas emisións, que a súa vez fan aumentar os gases de efecto invernadoiro, un proceso que protexe a Terra da radiación solar para que non se quente demasiado.



Entre as actividades humanas que máis aumentan as emisións de CO2 están a utilización de combustibles fósiles (petróleo, carbón e gas natural), con fins diversos como xerar enerxía eléctrica, procesos industriais ou o transporte dos vehículos. Para evitar o aumento dos gases de efecto invernadoiro moitos países comezaron a tomar medidas, ben reduccióno desas actividades, adaptándoas a unha tecnoloxía máis respetuosa co medio ambiente ou sustituíndoas por outras.


Comezo das medidas


O protocolo de Kioto firmado en 1997, foi un punto de inflexión na loita contra o cambio climático, posto que foi a primera vez que os países industrializados e os que estaban en vías de desenvolvemento adoptaban medidas contra o cambio climático. Entre elas, destacaron o compromiso de reducir para antes do 2012 as emisións dos GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) nun 5,2% respeto a 1990. Ademais de levar a cabo un inventario das súas emisións. A partir dese momento a preocupación dos países foi maior, e ao longo dos anos viñeronse firmando novos acordos e actualizandose outros, ademais de celebrarse numerosas cumes polo clima, na que participaron a maior parte dos países.


Pola súa parte, a Unión Europea foi algo máis aló do Protocolo de Kioto, e comprometeuse en marzo do 2007 a reducir as súas emisións nun 20% para 2020.



Aínda que no conxunto xeral, a UE si que compriu co seu obxectivo, chama a atención o caso dalgúns países que incluso empeoraron os seus datos dende a firma do protocolo. Estes son os casos de España, (318.000kt - 332.000kt), Irlanda (63.000kt-65.000kt), Chipre (7.000kt-8.500kt) e Luxemburgo (9100-9900kt). Estes casos son especialmente resaltables, posto que o Consello Europeo establecía o que debía reducir as emisións cada país en base ao principio de solidaridade económica, tendo en conta súa posición relativa en términos do PIB, posto que as economías máis endebles dependían máis dos combustibles fósiles. Por eso se estableceu que os que tiñan o Produto Interior Bruto máis baixo, tiñan un marxe asignado dentro do cal podían incluso aumentar as emisións. Pero en ningún caso eses países concretos debían de aumentar as emisións, Luxemburgo e Irlanda debían de reducilas un 20%, España un 10%, e Chipre un 5%.


No caso español, Andalucía e Cataluña son as comunidades autónomas que máis emisións producen.

A pesar disto, a UE si que conseguiu cumplir o seu obxectivo común de reducir as emisións un 20%, máis aínda queda moito por facer, así o afirmaron os dirixentes da UE que xa se comprometeron a reducir as emisións dos gases a un 55% para 2030 con respecto aos valores de 1990. Incluso xa acadaron un acordo provisional para establecer unha nova lei europea sobre o clima.


A perspectiva no resto do mundo tamén parece optimista, asi o demostrou a última cume do clima (COP26), onde 200 países firmaron acordos e medidas de acción contra o cambio climático, onde destacan a reducción do uso do carbón e máis medidas de financiación dirixidas a axudar as nacións en vías de desenvolvemento para que poidan adaptarse a unha nova economía verde. Pero como sempre, este é un acordo provisional non vinculante legalmente, haberá que ver como transcurre este ano e se finalmente establecese unha axenda global contra co cambio climático á altura.


Datos






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 31, 2022

O fío da información é bo, igual que as aportacións que realizan os materiais gráficos a este. Porén, no apartado dos gráficos hai un par de puntos a sinalar que sería preciso retocar para deixar o proxecto ao 100%.


En primeiro lugar, e tal e como abordamos algunha que outra vez na clase, é preciso manter unha liña estética común entre os nosos produtos de visualización. O xeito máis sinxelo de facer isto é a través do uso da cor. o empregar unha paleta de cores común a todos os materiais de visualización axúdanos a crear unha continuidade, mesmo entre gráficos que están realizados en ferramentas diferentes. Neste caso, cada un dos tres materiais vai un pouco polo seu camiño.


Like
bottom of page