top of page

Cal é o nivel de discriminación por orientación ou identidade sexual?

Para esta última práctica decidín elaborar materiais relativos á discriminación por identidade ou orientación sexual. Por unha parte, traballei cun estudo de European Union Agency for Fundamental Rights (EU LGTB Survey) e, por outra, cos datos dos delitos de odio do Portal Estatístico de Criminalidad, ofrecidos polo Ministerio de Exterior. Nun primeiro instante, tiña pensado empregar un informe da FELGTB en lugar desta última fonte, mais as posibilidades que me ofrecia para crear visualizacións cun valor engadido eran máis limitadas.


Para o gráfico de dispersión botei man do informe europeo. A principal dificultade foi trasladar os datos (en porcentaxe) da enquisa á taboa en Excel, xa que estaban presentados directamente en forma de gráfica. O obxectivo era cruzar varias variables e coñecer a posición dos diferentes países de Europa respecto á discriminación do colectivo.

A cor está determinada pola porcentaxe de xente que afirmou sentirse discriminada de forma xeral; a escala determineina en función do vermello, que quería que fora a cor que marcase as cifras máis elevadas. No eixo x sitúanse as porcentaxes de persoas que sufriron discriminación no traballo ou buscándoo; no eixo y, as daquelas que viviron algunha situación deste tipo noutros ámbitos fóra do laboral. Por último, para o panel desplegable decidín incluír unha última cifra, que atende ao número de persoas que afirmaron presenciar, durante a súa escolarización, comentarios ou atitudes negativas cara unha persoa percibida como do colectivo. Como explicar




Para o gráfico de xerarquía traballei cos datos dos delitos de odio por orientación ou identidade sexual. Ao contrario que na gráfica de evolución do tempo (a de libre elección), deille maior importancia á tipoloxía dos delitos que ás comunidades autónomas. Tendo en conta que os tipos eran moitos e os seus nomes, longos, pensei que o modelo máis axeitado sería o de barras. Os datos están organizados en tres niveis: en primeiro lugar, o total de cada tipoloxía; en segundo, o total por comunidades autónomas segundo a tipoloxía, e finalmente, por provincias. Nun primeiro intre tiven en conta soamente os resultados por CC.AA. e quedárame tamén cos valores en 0 se sucedía que o delito ocorrera cando menos nun dos territorios. Cando decidín incluír as provincias decidín eliminar todos os valores en 0 para un control máis cómodo dos datos e reducir a posibilidade de erros.





Para o de libre elección quería amosar a evolución no tempo dos delitos de odio por orientación ou identidade sexual, sobre os que o Portal Estatístico de Criminalidade só recolle datos dende 2014. Para iso traballei cun gráfico de liñas. Decidín eliminar o total xeral porque facía máis pequenos o resto de valores. Para solucionar este problema que seguía tendo (en menor medida) debido ao dato de Andalucía en 2014, que é notablemente superior ao resto, incluín unha opción de filtrado, que permite visualizar os datos dun dos territorios ou de varios.





2 Comments


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

En liñas xerais moi ben traballado, tanto no relativo ao traballo cos datos como no terreo da programación dos gráficos.


Todos funcionan correctamente e non se aprecian puntos mortos ou erros. O gráfico de dispersión conta cunha grande cantidade de información, pero moi ben resolta grazas ao panel emerxente.


Nos outros dous a presentación dos datos é tamén axeitada e queda moi clara toda a información. Ademais, resolves ben a complexidade da cantidade de variables presente no gráfico de liñas de libre elección con ese panel de selección que nos permite comparar unhas con outras.


Moi ben traballado con Flourish! Ánimo co proxecto final e moita sorte nos exames!🍀

Like
Daniel Portela
Daniel Portela
Jan 11, 2022
Replying to

Moitas grazas!

Like
bottom of page