top of page

Bertamiráns: o que debes visitar se pasas por Ames

Neste mapa intentei destacar os puntos máis interesantes para visitar en Bertamiráns. Obviamente, non é tan sinxelo facer unha peza deste tipo cunha ubicación tan pequena, pero gustoume o reto de centrarme nunha zona tan específica e, a ollos de quen non a coñece, sen nada realmente especial (algo co que non estou de acordo!). Así, elaborei seis grupos para que o usuario poida atopar con facilidade o que queira ver: parques e áreas naturais, prazas, zonas para facer deporte ou actividades ao aire libre, hostalería, edificios públicos (centros culturais, a radio, colexios...) e áreas (centro, aforas...).


Unha mágoa é o feito de estar limitado polo número de imaxes que se poden incluír (optei por deixar sen elas a algúns edificios públicos porque non son demasiado vistosos, pero o xeito de desfrutar plenamente do mapa sería con elas) e non poder empregar o mapa de base que me gustaría (que é "SATELLITE", na categoría "MAPBOX").


Ligazón do mapa na páxina: https://maphub.net/eladiogonzalezlois/proba


O mapa:





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 06, 2021

Pois está moi ben resolto, tanto no plano do contido (moi compensado) como no do tipo de recursos que empregas. Fas un uso moi intelixente das imaxes e o hipertexto e todos os elementos están utilizados dun xeito moi eficiente. Ademais, a distribución do menú é excelente e facilita moito a consulta do traballo.


Se tivese que sinalar un punto no que hai certa confusión é no dos grupos que conforman a categoría de "Parques e áreas naturais". Ao empregar esa vista de satélite e esa cor verde non hai demasiado contraste e é preciso facer moito zoom para identificalas. Este podería ser un dos casos nos que nos desprendemos desa idea de (verde=natureza) para apostar por un maior contraste…

Like
bottom of page