top of page

As praias con bandeira azul da Mariña

Para a práctica 2 decidín tratar un tema que podería encadrarse dentro de sociedade ou turismo. Trátase das bandeiras azuis, a distinción outorgada ás mellores praias ou cando menos, ás mellor equipadas. É un dato que recibimos anualmente e que adoita resultar de gran interese para a poboación.


Á hora de establecer unha delimitación territorial, a miña idea era escoller a provincia de A Coruña por ser coa que máis familiarizada estou, pero o número de praias era demasiado elevado. É por iso que finalmente escollín a provincia de Lugo, que conta cun total de 18 praias con esta distinción.


Os principais inconvintes que atopei ao traballar con MapHub foron as limitacións da versión gratuíta. En primeiro lugar, só permite engadir ata 12 fotografías, polo ás praias dos concellos de O Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo non puiden poñerlles imaxe. Asemade, tampouco puiden empregar a base Satellite, que era a que máis se axustaba á temática xa que trátase de enclaves naturais.


Polo demais, é unha ferramenta bastante intuitiva. Empreguei polígonos para marcar os 8 concellos, púxenlles o nome con texto, cambiei as iconas das18 praias e en cada unha engadinlle unha fotografía (sempre que puiden, claro) e unha pequena descrición, así como o enlace pertinente.





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 01, 2021

Ben traballlado no terreo visual, xa que a presentación resulta moi clara dende o primeiro vistazo. No terreo do contido tampouco nada que salientar como punto de mellora, xa que consegues dar na tecla e aportar información relevante e nunha medida xusta, sen excesos.


Como punto para a mellora tan só sinalaría un. Coido que a organización dos elementos (Concellos e praias) tería que responder a algún criterio. Un que podería funcionarche moi ben sería o xeográfico e ir de leste a oeste ou de oeste a leste. Así ao navegar polo menú da dereita seguindo a secuencia proposta viaxamos tamén dun xeito máis ordenado polo mapa. Por todo o demais nada que dicir. Ben executado!

Like
bottom of page