top of page

As pegadas de Valle Inclán en Compostela

Considerado un dos autores claves da literatura do século pasado, Valle Inclán naceu en Vilanova de Arouse e, aínda que pasou varias etapas da súa vida en México ou Madrid, Santiago de Compostela sempre foi un lugar especial para el: comezou os seus estudos universitarios, publicou os seus primeiros textos e está enterrado na capital.


A súa andaina por Compostela comeza aos nove anos para estudar, mais decide finalizar os seus estudios en Pontevedra. Volve dez anos máis tarde, en 1885, para iniciar a carreira de Dereito por obligación do seu pai (cando este morre, Valle Inclán decide abandonala ao terceiro ano). En 1890 deixa a cidade pero tivo tempo para publicar os seus primeiro traballos no seminario satírico Café con gotas e no xornal rexionalista El País Gallego.


Nas décadas seguintes, visita Santiago esporadicamente. En 1924 volve para ser operado polo doutor Manuel Villar Iglesias da enfermidade que acabaría coa súa vida: un cáncer de vexiga. Recuperado, continúa a súa actividade política e cultural e regresa a capital galega en 1935 para mudarse ao sanatorio do doutor Villar Iglesias, coa súa enfermidade xa avanzada. O 5 de xaneiro de 1936 falece en Santiago tras esta longa enfermidade.


Compostela serviulle de inspiración ao dramaturgo en múltiples ocasións, sobre todo nos libros Jardín Umbrio -unha historia de santos cun forte sabor popular- e La lámpara maravillosa -obra que recolle a filosofía esotérica e mística do autor-. Neste mapa preténdese seleccionar esas inspiracións e a vida de Valle Inclán que aínda se atopa nas rúas.


O maior problema que atopei foron as fotos: a aplicación disminúe a calidade de estas e gustaríame ter posto máis, pero só deixa 12, polo que intentei que os lugares menos emblemáticos da cidade estivesen acompañada por unha foto posto que se coñecen menos.

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 06, 2021

En liñas xerais está moi ben resolto. Hai unha dificultade inicial para a visualización como é o feito de que o Cemiterio de Boisaca estea tan apartado da cidade, pero que solucionas moi ben a través do xeito no que presentas os diferentes puntos.


A organización do menú é excelente e clara e a información contida en cada unha das tarxetas, máis do mesmo. Consegues dar a medida xusta en cada unha delas, algo complicado cando falamos deste tipo de temas que teñen tanta información asociada. Seguramente poderiamos botar un chisco de menos algo máis de hipertexto en forma de enlaces a recursos da rede nalgunhas das localizacións. Simplemente por se a audiencia quixese ampliar datos sobre elas. Con todo,…

Like
bottom of page