top of page

As mortes por accidente de tráfico

De cara á terceira práctica escollín un tema que hai uns anos era especialmente recorrente, tanto nos medios de comunicación coma dende o Goberno. Non obstante, coa chegada do Covid-19 deixouse moito de lado e as mortes por enfermidade acadaron moita máis relevancia mediática. Deste xeito, decidín abordar este tema dende diferentes perspectivas (segundo o sexo, a idade e o territorio no que se produciron) para dar cabida dunha maneira máis completa a esta realidade. Porén, non empreguei os últimos datos porque o 2020 foi un ano especialmente atípico no que o confinamento reduciu en gran medida os desprazamentos de vehículos e non resulta representativo desta realidade.


No relativo ás dificultades, pode que a principal fora a limpeza de datos, así como a elección de que gráfico empregar e onde encadrar visualmente cada un dos datos sen que se solapasen a táboa e o gráfico. Paralelamente, a elección dunha paleta de cores tamén me levou certa reflexión, especialmente no caso do mapa, porque precisaba que se distinguisen ben os diferentes percentís. Finalmente decanteime polo vermello, xa que é unha cor inevitablemente asociada á condución por estar presente na meirande parte das sinais de tráfico. No caso do mapa decidín empregar percentís en lugar dun degradado porque considero que mostran mellor os diferentes escalóns nos que se atopan as comunidades.


Aquí atópanse os datos que empreguei:








1件のコメント


angelvizoso
angelvizoso
2021年12月01日

Os tres elementos están executados de forma perfecta. O traballo cos datos é bo e a presentación é tamén moi boa, xa que podemos tomar cada peza de forma individual ou facer que as tres entren a formar parte dunha información.


O único punto que sinalaría sería a disposición das etiquetas do eixe horizontal no gráfico. Aquí chocan o feito de que este é o único gráfico que nos permite esa viaxe entre as tres características (totais, homes e mulleres) coa disposición para o nome dos grupos de idade. Isto lévanos a que tomen unha disposición pouco natural que nos obriga a un esforzo extra é hora de ler. É algo que non podemos mudar e neste caso enténdense bastante…


いいね!
bottom of page