top of page

As fundacións do Hip Hop

Decidín facer a infografía sobre a orixe do Hip Hop, é dicir, a orixe dunha nova comunidade cunha nova cultura. O Hip Hop fórmase de catro elementos, catro formas de expresións artísticas (poesía, música, baile e artes gráficas), que foron usadas polas persoas afroamericanas e latinas para saír e abstraerse do seu mundo de violencia e pobreza.

Nesta infografía busquei resumir o primeiro capítulo da serie documental Hip Hop Evolution de Netflix. O máis complexo dende o meu punto de vista foi sintetizar tanta información e tantos datos en tres elementos, ademais atopar unha forma visual de presentalos. Tras moitos cambios, apostei por un eixe cronolóxico no que engadín imaxes e videos relacionados coa narración.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 23, 2021

Está moi ben solucionada esa complexidade da que falas na túa presentación, pois consegues condensar moita información dun xeito bastante claro.


No relativo á disposición dos elementos, pouco que dicir. A presentación cronolóxica e a estrutura de bloques empregada non xera ningunha confusión. Seguramente habería que revisar a presentación dos bloques de texto no relativo a elementos como as marxes entre o texto e os cadros sobre os cales se presenta. É probable que eses espazos intermedios nos que presentas un cadro negro con texto sobre fondo gris se visen beneficiados da eliminación dunha destas dúas cores (ou deixar o fondo negro ou deixalo gris), ou mesmo a través do emprego de fórmulas como os GIF que utilizas na cabeceira.


Like
bottom of page