As defuncións por SIDA entre 1995 e 2020
- Daniel Portela
- 13 dic 2021
- 1 min de lectura
Para esta terceira práctica traballei cos datos de defuncións por SIDA facilitados polo INE (Instituto Nacional de Estatística). Na táboa fixen unha comparativa entre as cifras de 1995, o ano no que máis defuncións rexistrou o país, e as de 2020, as últimas recollidas pola institución. No caso do mapa, empreguei unicamente os datos de 2020 por ser os máis interesantes para a actualidade. Porén, no caso da gráfica introducín os de 1995, pois, ademais da distinción por comunidades autónomas, traballei coas cifras de mortes de homes e mulleres. Nese ano a diferencia entre sexos era máis significante que na actualidade; de aí a escolla.
Utilicei para a elaboración de todos os materiais a mesma táboa de datos, que adaptei en función da visualización que quería crear para cada caso, xa explicadas.
Ligazón aos datos do INE: "Defunciones según la causa de muerte"
Custoume tomar unha decisión respecto a que variables empregar: o INE ofrece as cifras clasificados por anos, por comunidades autónomas, por idades e por sexos. Finalmente, decidín descartar a división por idades; preferín empregar os datos restantes (por anos, comunidades autónomas e sexos) para a práctica pola súa maior relevancia no SIDA, ao meu parecer. Por exemplo, é interesante observar que en 1995 nalgunhas comunidades autónomas o número de defuncións en homes é notablemente maior, probablemente motivado pola vinculación da enfermidade cos homes homosexuais naquel momento. No caso da evolución anual das defuncións, comprobei primeiro tódolos datos para saber se debía filtralos; así foi como me decatei de que en 1995 se alcanzou o pico de mortes.
Pois realmente está moi ben resolto todo. Quedaría algo de oco para a mellora no mapa, editando esas ventás emerxentes se quixeramos, pero no seu estado actual xa é moi claro.
Hai unha boa relación en termos de deseño entre os tres materiais. En todos eles os datos están moi ben traballados e están ben de funcionamento.
Ademais, o rango de cor do mapa é moi claro, movéndose nunha escala concreta. En todos os materiais é posible identificar a información que se busca comunicar.
Noraboa! Moi ben traballado con Datawrapper!