top of page

Acuicultura en Galicia e Europa

Para variar de tema, esta cuarta práctica quixen centrala na acuicultura, unha actividade que se desenvolve tanto en España como en diferentes países do mundo e que consiste no cultivo de especies animais e vexetais no seu medio acuático. Empreguei datos do Observatorio Europeo do Mercado dos Produtos da Pesca e de la Acuicultura (EUMOFA) e do Anuario da acuicultura do 2018, que inclúe datos do 2017, de Pesca de Galicia.


A primeira fase de busca da información foi más difícil do que esperaba porque para conseguir datos sobre acuicultura interesantes e que se podan 'explotar' a nivel visual hai que recorrer a organismos específicos. De feito, cambiei varias veces de bases de datos e informes porque non acababan de axustarse ao que precisaba. Despois tamén me levou bastante tempo facer a limpeza dos datos de EUMOFA porque había moita información e incompleta.


Xa en Flourish as maiores dificultades foron cos Popups do gráfico de dispersión e co gráfico de xerarquía, sobre todo polas características dos datos e 'condicionamento' de cara a seleccionar o modelo que permitira unha mellor visualización da información. Esta práctica levoume tamén máis tempo que as anteriores polas múltiples posibilidades que ofrece Flourish e, a pesar dos rompedeiros de cabeza, gustoume traballar con esta ferramenta.


No caso do gráfico de dispersión decidín representar o valor da produción en euros das especies animais e vexetais cultivadas en Galicia no 2018, empregando os datos do Anuario da acuicultura de Pesca de Galicia. Ademais, considerei oportuno introducir nos Popups as imaxes das especies para que se podan (re)coñecer e respecto á cor optei polo azul da bandeira de Galicia.

Para o de xerarquía, despois de moitas probas, optei por representar unha comparativa da acuicultura en Galicia nos anos 2017 e 2018, aínda que no Anuario da acuicultura de Pesca de Galicia non hai datos de produción de algas pardas no 2017, algas vermellas no 2018 e salmón no 2018. Ademais, tiven que seleccionar o modelo de burbullas porque era o único co que se podían identificar a primeira ollada os diferentes grupos de especies debido ás grandes diferenzas. Ademais do valor da produción, que define o tamaño das burbullas, tamén aparece a información sobre os quilos cultivados. En relación ás cores seleccioneinas tendo en conta as cores representativas ou diferenciais das especies.

Por último, na visualización de libre elección incorporei os datos de EUMOFA. Optei por un gráfico de barras que permite comparar a evolución no valor da produción do Mexillón Mytilus spp en catro países diferentes, que teñen características semellantes, e nun período de cinco anos, de 2013 a 2018. As cores seleccionadas correspóndense coas cores das bandeiras de cada país.



1 komentarz


angelvizoso
angelvizoso
23 gru 2021

Ben traballado no terreo dos datos, pois hai un esforzo amplo de cara a traelos para estas tres presentacións. En termos de estilo, quedaría por afinar un chisco máis o plano das cores de cara a crear unha liña común aos tres materiais.


O gráfico de dispersión ten un funcionamento perfecto e resulta claro. Hai a dificultade da amplitude do rango no que se moven as cifras, pero está ben resolto co apoio da lenda no eixe horizontal e a información das ventás emerxentes.


En canto ao de xerarquía. A programación é boa e consegues paliar a dificultade da diferenza no volume de datos entre unhas especies e outras da man dese filtro que nos permite consultalas de xeito individual.…


Polub
bottom of page