top of page

Accidentes laborais por comarca en Galicia

Para esta terceira práctica decidín tratar unha cuestión que con frecuencia pasa por debaixo do radar: os accidentes laborais en Galicia. Escollín os últimos datos dispoñibles a este respecto no Instituto Galego de Estatística, correspondentes ao ano 2019. Os datos están divididos por comarcas, dada a importancia desta división territorial no ámbito galego.

Nesta folla de cálculo están dispoñibles todos os datos, en bruto e limpos, cos que traballei nesta práctica:


O maior problema co que me topei foi a miña escolla das comarcas como unidade xeográfica na que desenvolver a tarefa. Este problema apareceu á hora de realizar o mapa, xa que a ferramenta Datawrapper non permite a división por comarcas, senón por concellos. A forma de adaptar estas táboas por comarcas ao mapa foi escollendo a capital ou vila/cidade máis representativa da comarca como "representante" dela. Esta escolla descartou a posibilidade de realizar un mapa coroplético, quedando só a opción do mapa de burbullas.


Finalmente ese problema púidose solventar e a realización das outras dúas pezas foi moito máis liviá. A única diferencia deste mapa respecto do gráfico e da táboa é a visualización dos datos totais, xa que nestas dúas anteriores aparecen tamén divididos por gravidade (leves, graves e mortais).


Velaquí o traballo realizado:






1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 26, 2021

O tratamento dos datos e a presentación no seu conxunto é, dende logo, acertada. Por aí nada que dicir. O gráfico e a táboa están conseguidos ao 100% e non hai moito espazo para a mellora dentro das opcións que nos ofrece Datawrapper.


Onde nos quedou por apretar un chisco máis o acelerador é no mapa. Vendo que che sobrou tempo á hora de realizalo, é unha mágoa que non explorases a opción de engadir unha columna máis cos datos dos accidentes en cada unha desas comarcas e que non foses á opción de descricións emerxentes na pestana "Annotate". Aí poderías modificar esas ventás para incluír nelas os datos relativos ao número de accidentes (tanto os totais como os graves,…


Like
bottom of page